Coñecimos a Manuel María e Saleta Goi a finais dos anos 50, sendo o que suscribe estudante de Maxisterio en Lugo. Eran noivos e formaban unha parella moi atractiva: ela era unha beleza e él un goapo mozo, de verdes e fermosos ollos e unha voz profunda, sonora, acariñadora.
Á hora de tomar as tazas, en ocasións coincidíamos nalgunha daquelas vellas tabernas luguesas, de tanto encanto. Nalgún momento producíuse a relación persoal e xurdíu unha mútua simpatía que de contado voltouse fondo afecto e amizade sincera que se mantivo ata o seu pasamento e permañece na persoa de Saleta e na lembranza de Manuel. A primeira visita a Foz foi o ano do casamento (1959). Manuel encetaría entón, polo Carme, a longa relación de referencias á nosa vila cun artigo titulado La Vigen Marinera,publicado en El Ideal Gallego.
O ano 1964, volto do exilio, ven residir á nosa vila un ilustre persoeiro: don Ramón Fernández Mato, escritor, xornalista e político da República, parente do poeta, casado con dona valadourense; a circunstancia favorece a frecuencia das viaxes de Manuel e Saleta a Foz.
En 1966 convócase o I Certame de Xogos Florais Vila de Foz, no que actuou de mantedor, dada a súa amizade con Mato, o ilustre tribuno Eugenio Montes, entón agregado cultural da embaixada española en Roma, cunha intervención antolóxica. Preséntase Manuel María e gaña o primeiro premio e flor natural, co feixe de poemas Versos florecidos en louvanza de Foz. A partir daí son incontables as ocasións nas que o vate se despraza á nosa vila, non só para participar en actos culturais, senon para pasar días de vagar.Manuel foi pregoeiro das festas de San Lourenzo 1969 e do Carme de 1994; das Letras Galegas, no Clube Náutico, en 1986; da Feira do Libro en 1988; pronunciou conferencias, asinou libros, fixo recitais dos seus poemas, asistiu a mesas redondas… Tendo en conta estas consideracións, en acto público en agosto de 1996,pedimos que a Casa da Cultura levase o seo nome; petición que, dende a nosa condición de promotor e director entón da Feira do Libro, ratificamos por escrito ao señor alcalde o día 2 de abril de 1997, o que díu lugar ó acordo municipal, tomado por maioría absoluta.
A derradeira viaxe do poeta a Foz foi en abril de 2004, para atender un pedimento que se fixera dende o concello: asistir á inauguración do maratón de lectura, dedicado á súa obra.
Manuel María deixábanos cinco meses despois. O poeta endexamais será esquecido: aí está a súa obra para eternizalo;pero tampouco esqueceremos ó home quen tivemos o privilexio de ser seus amigos. A sabencia enciclopédica, a amenidade; a modestia e dozura; a tolerancia e xenerosidade e, sobre todo a súa bonomía, permañecerán para nós como os mais sobranceiros valores dun nome que fica gravado con letras de ouro na historia da nosa terra: Manuel María.







Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



