Viveiro (Lugo), 15 de setembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañou esta mañá aos alumnos e alumnas do IES María Sarmiento de Viveiro no primeiro día do curso 2017/18, que arranca hoxe para máis de 3.100 persoas na Mariña, entre escolares de educación secundaria e bacharelato e estudantes de ensinanzas de réxime especial. A normalidade foi a tónica xeral nesta xornada de incorporación ás clases, ao igual que no conxunto da provincia.
O delegado aproveitou a visita ás instalacións deste centro para darlles a benvida aos alumnos na súa primeira xornada lectiva, así como para comprobar o resultado da ampliación levada a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no centro. O instituto estrea este curso as novas instalacións, nas que se investiron 400.000 euros.
A actuación consistiu na habilitación de catro aulas, unha por planta, que ocuparán finalmente alumnos da ESO. O instituto gana 400 metros adicionais con aulas de 50 metros cadrados, baños, corredor e escaleiras. As obras remataron con certa demora sobre os prazos previstos porque a primeira empresa adxudicataria entrou en concurso de acreedores.
Balseiro subliñou que esta remodelación “ofrece máis espazo neste centro é mais confort, seguridade e mellores condicións para a comunidade educativa, profesores, alumnos, pais e nais”.
Outra das novidades que presenta este curso no María Sarmiento é o cambio na modalidade de comedor, xa que abandona o catering e os menús serán cociñados no propio centro.
A primeira xornada lectiva transcorreu sen incidencias na provincia de Lugo, onde comezan o curso máis de 15.100 persoas. As cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



