Viveiro 22-9-17. O CEIP de Covas inicia un novo curso escolar cuns accesos totalmente renovados grazas ás obras financiadas pola Deputación Provincial de Lugo. Estas obras, que remataron a finais de xullo, incluíanse no Convenio de Colaboracion entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro para a execución de fins comúns, con dúas liñas de actuación: para a mellora de infraestruturas, por unha banda, e para a promoción do turismo, pola outra; o importe total deste convenio, asinado en setembro de 2016, é de 200.000 euros.
O proxecto contaba cun presuposto de contrata de 54.224,84 e as obras consistiron no levantado de pavimento e instalacións existentes no Camiño da Igrexa e no acceso ao colexio de Covas, dotación de servizos (mellora da rede de abastecemento de auga, saneamento e pluviais e canalización do alumeado público) e reposición do pavimento mediante aplicación de aglomerado en quente de 6cm de espesor medio.
Covas é, xunto con Celeiro e o casco de Viveiro, un dos núcleos máis poboados do municipio, no que o número de vivendas existentes se incrementou de maneira notable nos últimos anos. O continuo tránsito de vehículos para acceder á igrexa e ao colexio de Covas provocou un deterioro dos viais de acceso a estas edificacións, dificultando, nalgúns casos, a circulación polos baches e socavóns que presentan. Con estas obras conseguiuse garantir o bo tránsito circulatorio nesta zona e mellorar a calidade dos servizos ofrecidos a veciños e visitantes.
Cómpre agradecer á gran colaboración da Deputación Provincial de Lugo, por ser a única que se implica verdadeiramente co noso concello e a que nos permite seguir avanzando. Nesta liña cómpre indicar que no vindeiro mes de outubro, este Concello ten previsto contratar as seguintes actuacións:
– Proxecto de pavimentación e servizos na rúa Rego da Fonte en Celeiro-Viveiro (Lugo), a licitar cun orzamento de execución de 190.000,00€ e un prazo de execución de 3 meses.
– Proxecto de pavimentación e servizos na rúa Lodeiro-Viveiro (Lugo) a licitar cun orzamento de execución de 173.000,00€ e un prazo de execución de 3 meses.
Ambas actuacións están subvencionadas pola Deputación Provincial de Lugo, estando incluídas no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2017.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



