Somos unha sociedade moi de bloques e de tomar partido, sen mollarse moito iso sí, pero tomar partido. Agora está en voga ser ou non ser constitucionalista, menúda parvada, como se quedase outra. O fondo é outro, poderíase definir tranquilamente como conformistas ou inconformistas. É así de sinxelo aínda que nolo vistan moito máis complicado.
O bloque dos conformistas, saben de feito, que conformarse non vende, por iso andan de forma tímida metendo unha idea: a reforma da Constitución. Medo me da, que sexán precisamente os que se conforman e veneran a Constitución quenes falen de cambiala.
A realidade é que o blindaxe dos dous terzos, fai necesario, pasar por estes conformistas de PP, PSOE, C´S e se cadra de Podemos dependendo do día.
Non é motivo de alegría para aqueles que acreditamos nunha Europa de Pobos e que recoñecemos as distintas nacións e pobos que conforman o Estado. Cheira moito a que vai haber reforma, queda bonito e práctico na política dos Homes de Estado, o problema e saber a que custe.
Dous principios básicos: descentralización e desconcentración están, na miña opinión, e serio perigo de extinción case como o Lince Ibérico. Coido que está a chegar un certo andazo centralista, que precisamente camiña no senso contrario ó resto de Europa, coma sempre. Penso, e penso ben, que ata Manuel Fraga estaría en garda diante do que está por chegar, non se pode obviar a forza desconcentradora que Fraga exercía sobre Madrid, ó Cesar o que é do Cesar. A isto sumase un PSOE de mercenarios francotiradores que estan, con disparos selectivos, causando baixas na socialdemocracia, aínda que sexa a da tortilla de patacas e un Podemos que na súa esenza comunista é de facto centralista e leva consigo esa marea que só é unha onda.
Mal panorama é o que chega para as competencias e as transferencias. A batalla de Catalunya é xa de todo o Estado, e Galicia vai quedar sen potencia e sen presenza, grazas ó noso Presidente apoucado e centralista, de galeguista nada.
Estou dándome conta que vou camiño de ser un conformista real coa Constitución, case mellor que non a toquen, máis val malo coñecido … non vaia ser que a costrucción do Estado, aínda queda por facer e moito por transferir, retroceda e quede outros 40 anos ó servizo dos Partidos da moqueta para que nada cambie.






















Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



