Ribadeo, 30 de novembro de 2017. O Partido Popular votou en contra do orzamento municipal para 2018 no pleno da corporación municipal de Ribadeo celebrado onte por diversos motivos, entre os que destaca as escasas partidas destinadas a investimentos. O portavoz popular, Jesús López Penabad, critica que non se inclúe nin un só euro para a construción dunha nova rede de abastecemento de auga, asunto que é de titularidade exclusivamente municipal, e considera excesiva a cantidade que se destina aos salarios do alcalde e dos concelleiros que teñen dedicación.
Jesús López Penabad explica que “no pleno de onte onde máis tempo se pasou e o que máis detalladamente se mirou foi o presuposto e o tema da creación dunha comisión informativa para estudar a xestión da residencia de maiores. Desde o Partido Popular seguimos insistindo en que haberá que mirar unha xestión coa que os custes da estancia na residencia sexan asequibles para todos os ribadenses; esa é a nosa misión e estamos desexando que se abra canto antes esa residencia”.
Respecto ao abastecemento de auga, para o edil popular “un grave problema que ten Ribadeo é que nunha obra que é de titularidade municipal única e exclusivamente, igual que o saneamento, séguense botando balóns fóra, dicindo que se lle pagan á Xunta 400.000 euros. Pero só de fondos de Cooperación Local, que se queixa que non aumentan, están recibindo 425.000 euros anuais, que poden utilizar aí, pero van para gastos correntes”.
López Penabad engade: “din que hai que facer a obra dunha vez porque se se fai en distintas fases amañando unha rompería por outro lado. Eu entendo que a tubaxe estará antiga, pero o que está claro é que a nova traída de auga non virá por encima da que hai; virá paralela ou por unha liña similar. Polo tanto esa nova poderíase facer executando todos os anos unha parte. En quince anos que van facer no goberno municipal no 2018 non levan feito nada neste tema, cando a responsabilidade e a titularidade dese servizo é unicamente municipal. A min gustaríame que lle dera a Xunta, o goberno de España, a Deputación e todos para poder facer esa obra, pero o que hai que facer é que xestionar o que un ten”.
O portavoz do PP no Concello de Ribadeo salienta que “de 9.478.000 euros que van no presuposto para o ano 2018, en investimentos única e exclusivamente van 1.700.000 euros. Figuran cousas que son necesarias, pero maiormente vai o arranxo de dúas rúas en Ribadeo e esquécense dos saneamentos, para o que van só 70.000 euros, e desa traída de auga que é imprescindible, porque calquera día quedamos sen auga. Para eles a culpa sempre é da Xunta porque non dá, pero eu na miña casa teño que xestionar co que teño, non co que me vaian a dar. O que teñen que facer é resolver os problemas reais de Ribadeo e priorizar”.
Jesús López manifestou tamén que “o que venden é que fixeron o presuposto en prazo, pero como non o van facer en prazo se ten dedicación exclusiva o alcalde e o concelleiro de Facenda, o que fai o orzamento, e media dedicación a tenente de alcalde, o que nos parece excesivo para Ribadeo. Podíamos prescindir das dedicacións exclusivas e dar isto para fondos sociais ou para asociacións que ten Ribadeo, tanto no rural como no centro. Aproximadamente o 41 por cento do presuposto vai para pagar soldos e en concreto 179.442´95 euros son para os órganos de goberno-persoal directivo, isto quere dicir para o alcalde con dedicación exclusiva, para o concelleiro de Economía, Facenda e Obras, tamén con dedicación exclusiva, e para a concelleira de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, que ten media dedicación. Polo tanto que fagan os orzamentos en prazo creo que é o mínimo que se lles pode pedir”.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.