Celanova, 22 de decembro de 2017. O CEIP Curros Enríquez, de Celanova (Ourense), recibiu o Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa, grazas ás iniciativas Móvete 15 e Basket por Libros. Os Premios do Deporte Galego 2016 foron entregados no transcurso dunha gala celebrada onte no teatro Rosalía de Castro, da Coruña. Á cita acudiron o director do centro, Óscar Rodríguez, e o profesor de Educación Física, Xoán Vila Oural.
Móvete 15 é unha actividade que coordina Óscar Rodríguez, que ademais de director é tamén profesor de Educación Física, e consiste en que todo o colexio sae a andar 15′ todos os días. Ademais no centro practícanse duathlon ou campo a través e organizan a semana da bicicleta e o día da comida saudable, entre outras citas.
Basket por Libros, así se denomina a actividade na que participan alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez, de Celanova (Ourense), con idades comprendidas entre os 8 e os 10 anos, baixo a coordinación do mariñán Xoán Vila, quen explicaba hai uns meses, cando puxo en marcha esta iniciativa, que “consiste en promocionar o baloncesto e a lectura”.
Hai que lembrar que o que fan estes rapaces é pagar a súa asistencia a clases de basket lendo libros, 1 ao mes como mínimo. Durante tres sesións de adestramento á semana practican basket, despois de dedicar un tempo na súa casa ou no colexio á lectura.
O traballo realizado ao longo dos últimos meses xa tivo tamén a súa recompensa porque se foi renovando o equipamento para a práctica deste deporte no CEIP Curros Enríquez, de Celanova.
Óscar Rodríguez e Xoán Vila amosáronse satisfeitos por este Premio do Deporte Galego 2016, “aínda que as actividades parten do departamento de Educación Física, todo o claustro se implica. E iso é moi importante para poder levar adiante todo este traballo”.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
