Foi clausurada polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. Cargos públicos locais déronse cita no Museo de Cidade da Cultura neste encontro que se desenvolveu baixo o lema Facendo Galicia dende os Concellos. Elena Candia moderou a mesa titulada ‘Que poden facer os Concellos para acadar unha Galicia mellor?’, durante a que os alcaldes de Porto do Son, Luís Oujo; e a de Lobios, María del Carmen Yáñez; xunto ao presidente da xunta xestora que se encarga do Goberno de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; compartiron as súas experiencias e analizaron as claves sobre as que se deben mover os Concellos para acadar a mellor xestión posible que redunde no beneficio dos galegos e da comunidade.
