Foz 17-2-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En setembro do ano 2016 xa presentamos esta moción para debate nesta corporación municipal, sendo aprobada. Pasados dous anos a Deputación Provincial de Lugo non deu paso ningún, ás portas dunhas novas eleccións municipais volvemos a presentar a mesma moción, esperando ter mais sorte que daquela, sendo o mesmo de necesarias estas beirarrúas daquela que hoxe.
Na parroquia de Vilaronte fai mais ou menos 8 anos, a Deputación Provincial de Lugo, decidiu facer a construción das beirarrúas na estrada da súa titularidade ( LU-P-2002), obra que fora demandada polos veciños e que encheu de ledicia a estes, xa que estes poden pasear con máis seguridade e tranquilidade.
Novamente nos últimos tempos os representantes dos veciños puxéronse en contacto con nós para pedirnos que fixéramos as xestións oportunas para solicitar que esas beirarrúas se continúen hasta a zoa da Espiñeira.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á Deputación Provincial de Lugo proceda incluír nos presupostos do ano 2019,unha partida presupostaría suficiente para a execución do tramo de beirarrúas que falta hasta a zoa da Espiñeira na estrada da súa titularidade (LU-P- 2002), na parroquia de Vilaronte.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



