Lugo, 21 de febreiro de 2018- O director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, vén de realizar a súa primeira visita oficial a Lugo dende o seu nomeamento, para coñecer de primeira man as singularidades do tráfico na provincia así como o traballo que desenvolve tanto a Xefatura provincial de Tráfico como o Subsector de Tráfico da Garda Civil.
Gregorio Serrano comezou a súa estadía na provincia visitando, na tarde deste martes, o tramo da autovía A-8 ao seu paso polo Alto do Fiouco, onde comprobou in situ o funcionamento do sistema de balizas que a DGT instalou recentemente nun tramo de xeito experimental e co que se pretende mellorar a visibilidade no vial ante situacións meteorolóxicas adversas, principalmente por néboa densa.
Esta mañá, o director xeral visitou as instalacións da Xefatura Provincial de Tráfico e do Subsector de Tráfico da Garda Civil en Lugo. Na Xefatura provincial o director xeral saudou aos traballadores, cos que conversou sobre a dinámica do seu traballo cotiá, e aproveitou para manter unha reunión coa presidenta da Asociación Provincial de Autoescolas, Mónica Pérez, para tratar distintos temas vencellados coa provincia.
A continuación, achegouse á Comandancia da Garda Civil, onde percorreu as distintas dependencias oficiais do Destacamento de Tráfico, interesándose polos medios materiais e de persoal. Ademais, o tenente xefe do Destacamento lucense, Diego Orviz, fixo unha presentación sobre os aspectos máis representativos da unidade: datos xeográficos e de vías de comunicación, efectivos e medios materiais dispoñibles, así como intervencións e actuacións levadas a cabo.
Gregorio Serrano estivo acompañado nas visitas polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; a coordinadora da DGT en Galicia, Victoria Gómez Dobarro; o tenente coronel xefe da Agrupación de Tráfico de Galicia, Francisco Javier Molano; e a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, entre outros.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



