Lugo, 21 de febreiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, asinaron este mércores o convenio de colaboración para construír na Pontenova unha residencia e centro de día. Trátase dun acordo no que se inclúen os 1,2 millóns de euros da Deputación, aos que se engaden os 200.000 euros do Goberno local á para a construción desta infraestrutura, así como os 120.000 euros dirixidos á adquisición dos terreos.
O Titular Provincial lembrou que o novo centro de día e residencia público se construirá nun espazo 1.500 metros cadrados. Cóntase coa previsión de respectar o modelo de prazas da maioría de centros da rede da Deputación: 30 prazas de residencia e 20 de centro de día. Arestora, estanse a redactar os pregos técnicos para iniciar, previsiblemente nas vindeiras semanas, a compra dos terreos.
Campos Conde destacou que “esta infraestrutura social que construiremos en solitario Deputación e Concello busca ofrecer aos veciños máis maiores da zona un servizo profesional que lles permita desenvolverse con normalidade no seu día a día, e preto das súas casas. É por iso polo que dende o Goberno Provincial, e dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, estamos a construír unha rede de residencias e centros de día públicos, que fagan fronte á escaseza de prazas públicas na provincia, na que debería haber unhas 4.700, tal e como indica a lexislación vixente. A pesares disto, tan só hai 802 prazas públicas fronte ás 2.500 privadas e concertadas, tal e como apunta o recente estudo do IMSERSO”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



