Cervantes, 2 de marzo de 2018.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, acompañada do secretario Xeral, Carlos Armesto, e das deputadas autonómicas, Encarna Amigo e Sandra Vázquez, mantivo este venres unha reunión con alcaldes, voceiros, edís e membros das executivas locais dos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, para explicar que o traballo do Grupo do PP na Deputación permitíu “acabar co favoritismo co que gobernaba o Partido Socialista antes de que se quedase en minoría”, ao impulsar proxectos “coas que antes non se contaba”, como son o Plan Único e o Plan de Rehabilitación de Firme de Estradas.
Concretamente, ao abeiro destas dúas iniciativas, os concellos indicados, que contan cunha poboación de 18.100 habitantes segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), percibirán este ano máis de 5,7 millóns de euros.
“Estes plans foron durante moito tempo unha reivindicación do noso Grupo. Agora a Deputación ten un verdadeiro proxecto de provincia”, remacou a dirixente do PP na provincia. Precisamente, neste exercicio o Plan Único, que foi apoiado polos populares no Pleno celebrado este martes, chega á súa segunda edición. Son outros 21 millons repartidos entre os 67 concellos lucenses, dotándoos de contías históricas en áreas como emprego, axuda no fogar, cultura e deporte ou turismo, entre outras. En total, a estes municipios da Montaña neste anualidade correspóndenlle 3 millóns de euros, “que foron distribuídos con criterios obxectivos e non partidistas, aos que hai que engadir os 2,7 millóns para a mellora e mantemento da rede viaria provincial”, explicou Elena Candia.
A este respecto, a presidenta sinalou que este aumento no investimento provincial é consecuencia do traballo dos populares, co fin de que a administración provincial “corrixise a súa tónica de axudar só aos alcaldes amigos e atenda a todos os concellos sen discriminación política”. Precisamente, no marco deste compromiso, engándense outras demandas reiteredas deste Grupo, e que foron incluídas polos socialistas no proxecto de Orzamentos, como é o caso do mantemento das partidas do SAF. Así, as contas deste ano recollen a dotación do Servizo de Axuda no Fogar, cifrada en 1,5 millóns.
Apoio da Xunta
Durante a reunión, as deputadas no Parlamento de Galicia tamén trasladaron aos asistentes os principais investimentos do Goberno galego a estes once municipios. Deste xeito, puxeron como exemplo que o esforzo inversor da administración autonómica se demostra nos preto de 900.000 euros do servizo de Axuda no Fogar; nos tamén preto de 2 millóns no marco do Fondo de Cooperacion Local; na reparación, ampliación e centro de día de Baleira, dotadas con máis de 110.000 euros; nos 607.000 euros consignados na partida de rehabilitación para eficiencia enerxética, en Becerreá; nos 74.000 euros para os centro de Formación Agraria deste mesmo municipio; e o investimento destinado aos labores de desbroce, prevención de danos causados polos incendios e ordenación dos montes nestas localidades.
Precisamente, no marco desta última liña, Encarna Amigo, lembrou que, “xa que estamos nun dos Concellos que máis sofriu a vaga de lumes, cabe incidir nas medidas emprendidas para atallar o que foi a maior lacra medioambiental dos últimos anos”. Neste senso, destacou que, no Parlamento de Galicia, “creamos a Comisión de Incencidos co obxectivo de acadar un pacto de todos os grupos. O obxectivo, puntualizou, ten que ser lumes cero”.
7ª reunión e última
Esta foi a sétima reunión que a dirixente popular e o deputados autonómicos mantiveron cos compañeiros de Partido da provincia para explicar o traballo dos Grupos provincial e parlamentario. Previamente, a dirección do PP reuniuse cos representantes das comarcas de Vilalba, Sarria, Chantada, Lugo, A Mariña e Lemos. “Peinamos a provincia de norte a sur, e de leste a este porque consideramos necesario que os nosos veciños coñezan xa non só o noso traballo, cuestión que consideramos de extraordinaria importancia; senón tamén as medias verdades ou incluso mentira que se dixeron nos últimos tempos”, afirmou Elena Candia.
.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



