Barreiros, 23 de xuño de 2018.- Os socialistas de Barreiros agradecen aos seus compañeiros no Goberno da Deputación “o seu compromiso co noso Concello e cos nosos veciños”. Así o destacou a voceira municipal do PSOE neste municipio, María Carmen Veiga, tras a visita do Presidente do organismo provincial, Darío Campos, e da Deputada pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, para supervisar o inicio das obras na estrada LU-P-6103 de Trabada por Fórnea a Barreiros, que financia na súa totalidade o Executivo Socialista na Deputación con 355.000 euros. A voceira avanzou tamén que os socialistas dende o Goberno Provincial acondicionarán con máis de 200.000 euros, un treito de 5 quilómetros da LU-P-0609 que vai de Vilamer a Cruce de Insua por Gondán.
A voceira agradeceu ao Presidente e a Deputada da Mariña “a constante colaboración co Concello de Barreiros para mellorar os servizos públicos dos que dispoñen os veciños, cumprindo con dúas demandas históricas e respondendo ás peticións e necesidades dos barreirenses”.
“Con estas novas actuacións que realizamos nestas estradas provinciais, os socialistas atendemos unha vella demanda de todos os barreirenses que empregan a diario estas vías, aumentando a súa seguridade e mellorando infraestruturas que asumen un volume de tráfico moi alto. A LU-P-6103 pasa ao carón da planta de lixo que ten situada Sogama na Insua e conecta co Hospital da Costa de Burela, e a LU-P-0609 vertebra toda a zona sur do municipio e enlaza coa N-643 e a LU-133, o que dá mostra da importancia destas vías”.
A voceira socialista criticou que, a diferenza do que fan os socialistas, “o Alcalde amosa unha total falta de interese por mellorar a calidade de vida dos preto de 3.000 habitantes do Concello de Barreiros, castigándoos e pensado só nos seus intereses persoais, en vez de destinar fondos para novas dotacións públicas no municipio como facemos os socialistas dende a Deputación. O seu inmobilismo prexudica gravemente a Barreiros”.



















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



