Madrid absorbe como un burato negro parte do potencial de crecemento de Galicia. É difícil explicar isto sen caer nunha certa tendencia a converter o discurso nun dogma. Mais é unha realidade que frea moito o crecemento de Galicia e a capacidade de xerar sinerxías de crecemento.
A rexión da capital do reino de España non ten potencia económica propia; non xera enerxía, non ten mar, non ten materias primas, non transforma, case non ten agricultura pero embárgantes acumula o 31,8% de empresas do Estado e o 13,8 % do PIB relacionado coas exportacións, ten moito mérito se temos en conta que é un páramo que non ten capacidade de produción ningunha.
Galicia sofre esta rémora en moitas das nosas principais empresas produtivas e tamén de servizos, sufrindo unha trampa mortal nas posibilidades de crecemento e de asentamento empresarial e sobre todo sufrindo os recortes e perda de servizos públicos aplicados dende a Xunta para cadrar as cifras.
Un exemplo claro e o que sucede con Alcoa, multinacional americana que no seu día recibe o agasallo de Aznar para mercar a fábricas públicas de Alumina Aluminio presentes en San Ciprián e Coruña. Supón o 30% do PIB da Provincia de Lugo pero que ten o domicilio fiscal en Madrid. Outro exemplo moi significativo é o dos coches de renting e de flota empresarial, todos pagan a matriculación e o imposto nun pequeno concello madrileño, que se beneficia de todas as empresas de España.
Segundo datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, no ano 2010, 170 empresas galegas mudaron o domicilio fiscal a Madrid movidas pola menor presión fiscal. Menos mal que ninguén declarou a independencia, logo falan da fuga de Catalunya. Madrid é xa que logo unha sorte de paraíso fiscal para as empresas galegas e un burato negro por onde se perde a calidade de vida e a capacidade de inversión do noso País. Ollo agora tamén empeza a atraer competencias.
Moitos de estes cambios de domicilio fiscal non son reais, polo tanto existen mecanismos para denunciar este fraude, pero claro ós políticos dependentes da metrópole: xa sexa Génova, Ferraz, A Complutense ou a Rúa Alcalá non lles interesa que a capital imperial sufra en detrimento dos que somos de outra zona. Ó final Madrid concentra moito voto.
Galicia precisa xa que logo políticos que non miren a Madrid e sexan capaces de reclamar o noso, non por teimas de independencia, simplemente para que os galegos e galegas vivan o mellor posible co que somos quen de xerar, e depós se sobra axudar ó resto.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.





A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.