Foz 14.09.2018. ABANCA e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz (ACIA Foz) acaban de asinar un novo convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da comarca da Mariña.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo López, e odirector de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro Pita, rubricaron hoxe en Foz un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do nortede Galicia.
Grazas a este convenio os empresarios asociados terán á súa disposición condicións especiais na contratación de servizos bancarios necesarios para a súa actividade. Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. Ademais, o acordo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) e Bonos que permiten que os comercios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.
Doutra banda, para facilitar a competitividade, os establecementos poderán acceder ao novo servizo de financiamento instantáneo no punto de venta de ABANCA, o servizo APLAZOS. Deste xeito, os asociados poderán aumentar as vendas ao posibilitar a financiación aos seus clientes no propio establecemento, de forma rápida, sinxela y sen asumir riscos.
O texto rubricado permite igualmente beneficiarse de liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos, una iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Lugo que inclúe liñas de crédito a xuros baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego, o equipamento tecnolóxico ou actuacións de mellora enerxética das pemes e autónomos da zona.
Do mesmo xeito, os comerciantes adheridos poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores 2018’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.
Os asociados poderán ademais acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e as tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.. Así mesmo, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e darlles unha atención máis personalizada, a entidade poñerá a súa disposición xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.
O novo acordo incluso permite que aqueles empresarios que estean pensando ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan desfrutar dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo de ABANCA con empresa Palbin.
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz foi constituída no ano 1988 cunha clara finalidade: impulsar a actividade empresarial -especialmente a dedicada ao pequeno comercio- que se desenvolve na comarca de A Mariña. O obxectivo primordial desta asociación é converter esta comarca nun punto de referencia para os potenciais compradores, de xeito que a actividade empresarial e comercial da zona se converta nunha forza competitiva no complicado mercado actual.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



