Lugo, 19 de setembro de 2018. O Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, presentou este mércores en San Marcos a nova web da Deputación (http://www.deputacionlugo.gal/), máis atractiva, fácil de usar e accesible, pois está deseñada por e para os cidadáns e veciños da provincia. Así o avanzou Rivera Capón, quen subliñou que “trátase dunha páxina moito máis visual, máis dinámica e moderna, na que a imaxe ten moita máis importancia. Ademais, é máis fácil, práctica e usable, pois o usuario pode facer procuras directamente pensando nos temas que lle interesan, sen necesidade de saber a que Área de Goberno ten que dirixirse. Polo tanto, está pensada por e para mellorar a experiencia de uso dos cidadáns”.
Rivera Capón engadiu que “tamén facilitamos o contacto cos diferentes departamentos, a través dun formulario e un directorio telefónico, para poder resolver calquera tipo de dúbida aos usuarios; e facilitamos a xestión de trámites online coa Deputación, habilitando un acceso directo tanto á sede electrónica, como ao Rexistro Electrónico. Por outra banda, cómpre subliñar que a nova web é responsive, é dicir, adaptada aos dispositivos móbiles, e absolutamente todo o contido está dispoñible nas dúas linguas oficiais: galego e castelán. Así mesmo, toda a páxina está indexada, así como os Boletíns Oficiais, o que permitirá realizar procuras máis áxiles por contidos”.
O Deputado de Innovación avanzou que “ademais, desde a web institucional, accederase a nova web de cultura (http://cultura.deputacionlugo.gal) e á web de turismo (http://turismo.deputacionlugo.gal). A primeira conta con varias visitas virtuais a espazos de interese como os museos provincias; mentres que a de turismo permite descubrir múltiples recunchos da provincia, facilitando a súa localización, a través de mapas interactivos conectados con Google Maps”.
Novas seccións da web
A nova páxina da Deputación inclúe as seguintes seccións:
– Un encabezado no que a novidade máis destacada é a nova imaxe corporativa, cun logotipo oficial máis moderno e visualmente atractivo, xunto ao que aparece o menú principal.
– Unha sección na que están destacadas as ligazóns a aquelas cuestións ou apartados que son visitados ou consultados con máis frecuencia
– Unha parte dedicada ás noticias da Deputación na que a imaxe ten maior protagonismo que antes.
– Unha sección de banners coas ligazóns de interese, máis actuais, que se van renovando.
– Unha parte de Axenda, na que figuran todos os eventos relacionados coa Deputación (actos de axenda institucional, exposicións, concertos, etc.) que contan con cores distintivas que os asocian aos diferentes temas (cultura, turismo, benestar social, por exemplo).
– Finalmente tamén se poden ver as últimas publicacións das redes sociais da Deputación, sen prexuízo de que no menú principal figuren as ligazóns ás mesmas.
Páxinas provinciais de turismo e cultura
A web de turismo (http://turismo.deputacionlugo.gal) conta cos seguintes apartados:
– O turismo, que mantén a estrutura xeral da web, pero con contido propio.
– Coñece: toda a información turística da provincia.
– Desfruta: como o seu nome indica, onde se ofrecen plans para gozar da provincia, (turismo de naturalez, gastronómico, de aventura, en familia, etcétera).
Todo iso non só con información, senón con mapas interactivos, fotografías, ligazóns de interese, etcétera.
Pola súa parte, a través da web de cultura (http://cultura.deputacionlugo.gal) o usuario poderá ter información completa tanto do Centro de Artesanía e Deseño, como da Rede Museística. E mesmo poderá facer visitas virtuais en 360º e coñecer, por exemplo, o interior do Pazo de Tor ou de calquera dos obradoiros do CentrAD.
Outras características da nova páxina
A nova web institucional da Deputación ten os seguintes obxectivos e características:
– Máis visual e intuitiva. Traballouse no aspecto gráfico, buscando unha web máis moderna e visual.
– Orientada ao usuario. Traballouse na usabilidade da web, organizando a información por áreas e por temas de interese, o que facilita a interacción e a consulta da información.
– Dinámica e áxil. Destacáronse os elementos máis habituais e relevantes como ligazóns destacadas, e redeseñáronse os accesos directos en forma de banners.
– Responsive e adaptada. A web adáptase aos diferentes dispositivos: computadores, tablets ou móbiles.
– Interactiva. O obxectivo é fomentar a participación e dotar á web de interacción, así existe un módulo de consulta e outro de enquisas, e tamén se crearon mapas interactivos xeorreferenciados e galerías multimedia. Doutra banda, ponténciase a vinculación e interacción coas redes sociais, sendo unha parte destacada da web.
– Rápida e robusta. A páxina será máis rápida e será máis tolerante a fallos.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



