Segundo explican as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, “o obxectivo desta charla foi concienciar aos rapaces do peligroso que é adoptar determinadas condutas cando conduces: beber alcohol, consumir drogas, levar unha velocidade excesiva ou usar o móbil, xa que corren o risco de provocar un accidente que pode costarche a vida a ti ou a outras persoas que se cruzan no teu camiño. Ao igual que tamén é unha conducta irresponsable subir nun vehículo conducido por unha persoa que está baixo o efecto das drogas ou do alcohol”. Esta actividade forma parte da programación da Semana da Mobilidade que se está a celebrar en Burela, “xa que non só intentamos que a mobilidade sexa o máis sostible posible, senón tamén que sexa o máis segura”.

Este mércores os alumnos de 4º da ESO do IES Monte Castelo participaron na actividade “Asfalrelatos” con STOP Accidentes
- Seguinte
No pleno celebrado no Concello de Ribadeo foi aprobada a expropiación dun terreo para que, chegado o momento, a Xunta constrúa un depósito de auga. Ademais deuse luz verde ao plan de viabilidade da nova residencia de maiores, que agora queda pendente de recibir o PÍA e dun novo convenio específico coa Deputación