Bruxelas, 17 de Outubro de 2018. Ante a nova coñecida hoxe de que a empresa de capital estadounidense ALCOA ameaza -outra vez- con pechar instalacións na Galiza e noutras partes do Estado, dende Bruxelas a eurodeputada galega Lídia Senra -Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, instou á Unión Europea e aos Estados membro a que, en base ás súas respectivas competencias, “non consintan nin unha soa chantaxe por parte destas grandes empresas, nin coa enerxía, nin coa fiscalidade, nin con ningunha outra cousa”.
Senra demandou a posta en marcha das medidas precisas para que sexa garantido o mantemento de todos os postos de traballo e que, no caso de que esta grande corporación teime en operar os centos de despidos anunciados, “tanto a Xunta como o goberno do Estado esixan a devolución de todos os beneficios e diñeiro público que percibiu esta empresa, e que o invirtan en xerar postos de traballo para as persoas que ten empregadas na actualidade”.
Neste sentido, abondou, “é intolerábel que un dos argumentos desta empresa sexa o custo da enerxía cando, entre outros privilexios, ata o ano 2008 esta multinacional pagaba unha tarifa especial, máis baixa -que logo pagabamos todas e todos nós nas nosas facturas-, e posteriormente estivo cobrando cartos públicos a través do que poderiamos considerar como subvencións encubertas, tales como o denominado “servizo de interrumpibilidade”. Habida conta do trato privilexiado do que vén desfrutando esta multinacional estadounidense -e que a bon seguro non se limita só á Galiza ou ao Estado senón que se entende aos países onde conta con sedes- non sorprende que durante o primeiro trimestre deste mesmo ano os seus beneficios se dispararan un 50%, acadando os 182 millóns de euros.
Asemade, a eurodeputada lembrou tamén que circunstancias coma esta, na que “unha empresa ten o poder de intimidar gobernos a nivel municipal, galego e estatal, tomando ás traballadoras e traballadores como reféns, son unha cara máis das consecuencias das políticas de privatización”, en alusión ao feito de que a estadounidense ALCOA asentouse na Galiza a través da concesión de INESPAL (Industria Española del Aluminio) no 1998.
Lídia Senra tamén quixo aproveitar para trasladar ás traballadoras e traballadores de Alcoa “a nosa máis fonda solidariedade e apoio”








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.