Ribadeo, 16 de novembro de 2018. Acisa súmase hoxe á campaña da FCAM e anima a todos os negocios de Ribadeo a apagar os seus escaparates e rótulos a partir das oito da tarde. Ademais a Asociación de Comerciantes ribadense distribuíu 200 esquelas de grande tamaño por toda a vila para sensibilizar á poboación da importancia que o comercio e a hostalería teñen para os pobos. Esta campaña, segundo o xerente de Acisa, está a causar un grande impacto na cidadanía. Está acompañada pola edición dun vídeo, que xa está colgado nas redes sociais e está a ter centos de visualizacións, e por un artigo de opinión.
Jesús Pérez explicou que “en Acisa Ribadeo nos sumamos a la campaña de la Federación de Comercio A Mariña presentada ayer y hacemos una llamada a todos los negocios de Ribadeo, asociados o no, a que a partir de las ocho de la tarde apaguen las luces de sus escaparates y negocios. Todos juntos, toda la comarca, queremos sensibilizar a la población de la importancia que el comercio y la hostelería tienen para nuestros pueblos. Sin nosotros los pueblos no tienen vida. Esta es una llamada a la reflexión”.
O xerente de Acisa dixo que “desde aquí, desde Acisa Ribadeo hemos querido reforzar esta campaña distribuyendo 200 esquelas de gran tamaño, do 50 x 70 centímetros, que están en muchos escaparates y en muchos lugares por los que pasa mucha gente como centros de enseñanza, cine, Concello, oficinas municipales, centro de salud.. con un mensaje muy claro: A túa vila, Ribadeo, e o seu comercio morrerán en breve si ti non o remedias”.
Pérez subliña que “no pretendemos dar pena con esta campaña. Lo que queremos es concienciar a la ciudadanía del excelente comercio y de la excelente hostelería que tienen aquí al lado de casa. Es una apuesta clara por nuestros asociados y nuestras asociadas frente a la gran amenaza que suponen las grandes plataformas de venta on line extranjeras. Queremos que la gente reflexione cuando lea esas esquelas, queremos que reflexionen con el vídeo que también hemos preparado y que ya está colgado en las redes sociales y con un artículo de opinión que hemos elaborado”. Durante as primeiras catro horas dese vídeo nas redes chegouse a 6.000 persoas, foi compartido 150 veces e realizáronse 3.000 reproducións do mesmo.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos lembrou que “en Acisa somos 165 asociados y asociadas y queremos seguir creciendo y ofreciendo a nuestros clientes lo mejor de nuestros negocios y de nosotros mismos”.
Jesús Pérez engadiu: “me gustaría hacerle una pregunta a la gente que hace compras por internet, los famosos derechos del consumidor que tanto nos gusta reclamar en el pequeño comercio y en el comercio de barrio, ¿dónde quedan dichos derechos cuando compramos por internet?. Quizás los hemos sacrificado por los dos euros que nos hemos ahorrado comprando en internet a costa de que nos puedan estafar, de que nos puedan mandar un producto que no queremos, que no era el que habíamos pedido”.
E insistiu: “Me gustaría recordar simplemente que esta campaña no está pensada para dar pena, es para concienciar, no es una guerra contra internet, es una batalla, digámoslo así, contra las grandes plataformas de venta online que no pagan impuestos aquí, que no las ves tomando un vino en Ribadeo o dando un paseo por las calles. Recordar también que, a veces a la gente se le olvida, se puede comprar en el pequeño comercio a través de internet porque, poco a poco, cada vez son más las tiendas y los comercios que se adaptan a las nuevas tecnologías. Tenemos un reto que es seguir haciendo que se adapten, pero que nadie lo olvide, se puede comprar por internet en el comercio local”.
En Acisa segue en marcha estes días a campaña Domingueo en Ribadeo para lembrarlle á xente que os domingos pola mañá o comercio da vila abre as portas para atender á súa clientela, que aproveita para pasear polas rúas e para xantar nos establecementos hostaleiros locais. Tamén segue a campaña Ribadeo, o centro comercial cos mellores vistas, a vindeira semana arrincará a do Black Friday e nuns días chegará tamén a de Nadal, que repartirá unha importante cantidade económica en premios.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



