Ribadeo, 27 de novembro de 2018. O concelleiro de Limpeza Viaria, Jorge Díaz Freije, anuncia que a empresa ASCAM será a encargada da recollida de cartón, dos envases lixeiros, do cartón porta a porta e do punto limpo. Esta semana comeza o traballo desta firma que se prolongará durante uns meses ata que saia de novo a concurso público este servizo. O edil ribadense agarda que a situación estea normalizada no prazo dunhas tres semanas. E agradece o comportamento da veciñanza durante estes meses, mentres non remataron os trámites de rescisión do contrato coa anterior adxudicataria do servizo, a empresa Soil Recovery.
Díaz Freije contou que “en breve imos formalizar cunha empresa o servizo, que está externalizado, do punto limpo, os envases lixeiros, o cartón e o cartón porta a porta. Como sabemos a empresa que prestaba este servizo, Soil Recovery, deu en quebra e houbo que rescindir ese contrato”.
O edil nacionalista dixo que “houbo uns tempos legais que houbo que pasar e uns trámites que levar a cabo. Agora iso está xa finiquitado e imos a outra fase. A empresa ASCAM vai cubrir, durante uns meses, eses servizos ata que entre unha licitación nova que, esperemos que en cinco ou seis meses, salga outra vez a concurso público este contrato”.
O concelleiro de Limpeza Viaria agradece “todo o bo comportamento que houbo ata o día de hoxe dos veciños e os comercios que se preocuparon e procuraron, coa súa labor de boa cidadanía, que estes meses se levara o mellor posible toda esta situación de emerxencia que houbo, e que fomos paliando da mellor maneira tanto dende o goberno local como os cidadás que fixeron a súa boa labor”.
Jorge Díaz Freije subliñou que “o servizo se restablecerá nun período de tres semanas máis ou menos. Vai por bo camiño e vaise normalizar pronto. Quero dicir, como fago sempre, que a limpeza non é duns poucos, é de todos”.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.