- O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este sábado, xunto á Alcaldesa de Burela e Deputada provincial, Carmela López, nos minutos de silencio gardados diante da Casa Consistorial e antes da misa na honra á Virxe do Carme, en lembranza da moza falecida no tráxico accidente acontecido o venres no recinto feiral da vila
O mandatario provincial trasladou persoalmente, en nome da institución provincial, as súas máis sentidas condolencias, así como o seu desexo dunha pronta recuperación para as persoas feridas. A continuación Tomé Roca asistiu á misa na igrexa parroquial e, posteriormente, participou na tradicional procesión ata o altar instalado na Nave de Redes do Porto. O percorrido realizouse sobre a alfombra floral elaborada polos veciños e veciñas da localidade, que este ano rende homenaxe á gastronomía e á figura do artista Xosé Vizoso.
- Os bombeiros excarceraron unha persoa tras un accidente entre dous vehículos en Barreiros
Ocorreu na rúa de Viladaide Praia Altar. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 13 horas: dous vehículos acababan de colidir e unha persoa permanecía no interior dun eles, incapaz de abrir a porta. Os Bombeiros de Barreiros tiveron que empregar o seu material de excarceración para extraer á persoa en condicións de seguridade. No operativo participou tamén a Garda Civil de Tráfico.
- Os venres son de Talleres Terapéuticos de Arruguiñas en Cervo
A alcaldesa, Dolores García Caramés, foi testemuña do fantástico traballo do alumnado que se afana en elaborar fermosas manualidades con moita dedicación e ilusión. Un espazo de creatividade e convivencia na Casa do Mar grazas á colaboración tamén de Adaoemam A Mariña
- Falece unha das mulleres atropeladas este venres en Burela
A vítima sofrira feridas moi importantes nunha perna. Finaba a primeira hora deste sábado. Outras 5 persoas atropeladas no sinistro continúan en planta no hospital da Mariña.
- Presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez, en Ribadeo
Este xoves 29 de maio, A A.C. Francisco Lanza organizaou a presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez. Da man de Teresa González Piñeiroa, e do propio autor, xs asistentes descubriron aos poucos pequenas claves da obra que recibiu o Premio Follas NOvas ao mellor libro xuvenil.
- O Concello de Cariño abre o prazo para inscribirse no campamento ‘Concilia Cariño Verán’, unha alternativa de lecer educativo que ten como obxectivo axudar á conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de luns a venres nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, todos os días en horario de 9:30 a 14:30 horas. Constará de varias actividades coas que os nenos e nenas poderán aprender mentres se divirten. Tamén se tentará, sempre que o tempo permítao, programar diversas saídas.
- A pastelería e cafetería 'Los dulces de Delphine' abriu en Ribadeo, na rúa San Roque número 29, e integrouse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa)
A propietaria do establecemento é a francesa Delphine Moyen, que explica: “En un local al estilo parisino y acogedor ofrecemos desayunos y meriendas dulces y salados; tenemos cafés de varias procedencias y también vermús, vinos y cervezas. Además hacemos tartas caseras personalizadas, que por ahora es lo que más nos demandan los clientes; hay que encargarlas con al menos dos días de antelación”.