Nota de Prensa Club de Tiro con Arco CASTELARCO Gran participación de nuestro Arquero Alevín Gabriel Galante Briones en el Trofeo Concello de As Pontes 2011, celebrado hoy día 9 de enero; Ga... Ler máis
Nota de Prensa XIII Campeonato Gallego de Sala Infantil,Benjamin, Alevin y Ardilla Club de Tiro con Arco CASTELARCO El pasado día 4 de diciembre de 2010, se celebró en la localidad de Pobra... Ler máis
Nota de prensa Club de Tiro con Arco Castelarco. Celebrado en el día de hoy el XIV Trofeo Federación Galega- Xunta de Galicia de Sala de veteranos, senior, júnior y cadete caballeros y damas... Ler máis
Nota de prensa IX Trofeo Cidade de Naron Alfoz a 31 de octubre de 2010 Castelarco Club de Tiro con Arco Este sábado día 30 nuestros arqueros participaron en le IX Trofeo Cidade de Narón, y c... Ler máis
Nota de Prensa Alfoz 02 de octubre de 2010 Castelarco Club de Tiro con Arco Nuestro Club repitió podium, fue el sábado 2 de octubre, en el Trofeo San Froilan 2010 de Tiro con Arco en Sala, d... Ler máis
ALFOZ .- O arqueiro Gabriel Galante Briones, de 11 años de edad, proclamouse campeón Galego na categoría Alevín masculino en arco recurvo, na XX edición do campeonato Galego Aire Libre Ardil... Ler máis
ALFOZ .- O club de tiro con arco Castelarco de Alfoz convoca a nivel nacional o “III Trofeo Castelarco 2010 ao aire libre”, puntuable para o campionato de España. Será o sábado 3... Ler máis
ALFOZ .- Os arquieros Gabriel Galante Briones e Ana Maria Briones Montes do club de Tiro Castelarco de Alfoz clasificáronse en segundo lugar, nas suas respectivas categorías, no XVII Trofeo... Ler máis
ALFOZ .- Dous deportistas do club de tiro con arco Castelarco de Alfoz, Ana Maria Briones Montes e Gabriel Galante Briones, madre e fillo, participaron con exito en distintos torneos nos que... Ler máis
ALFOZ .- Gabriel Galante Briones, do club de tiro con arco Castelarco, de Alfoz, foi proclamado campón do IV Trofeo de Nadal de la Federación Galega de Tiro con Arco y 1ª Postal de Sala que... Ler máis
ALFOZ.- Clubs de Tiro do arco de Ourense, Coruña, Ferrol e Lugo tomaron parte no segundo trofeo de tiro con arco “Castelarco” que se celebrou en Alfoz. A competición tivo lugar s... Ler máis






A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



