Ribadeo, 2 de maio de 2026. O Concello de Ribadeo continúa a traballar contra o acoso escolar a través do programa KiVa, implantado no Sagrado Corazón, no Gregorio Sanz e no IES Dionisio Gam... Ler máis
Ribadeo, 3 de marzo de 2026. As obras do peche perimetral do colexio Gregorio Sanz marchan a bo ritmo. Trátase dun proxecto innovador e respectuoso co medio ambiente, que supón un investimen... Ler máis
Ribadeo, 19 de febreiro de 2026. O CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 23 de febreiro, a partir das 16:00 horas. A directora... Ler máis
Ribadeo, 22 de xaneiro, 2026. A Plataforma Polas Nosas Árbores cuestiona a decisión de derrubar por completo o peche perimetral do C.P. Gregorio Sanz, unha vez iniciadas as obras e coñecidos... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro, 2024. O BNG de Ribadeo mostra todo o seu apoio a aquelas persoas que expresaron a súa repulsa á tala “indiscriminada, improcedente, caprichosa, case clandestin... Ler máis
Ribadeo, 6 de novembro, 2024. Esta mañá o voceiro do BNG municipal Pablo Vizoso e o concelleiro Martín Graña acudiron ao centro de ensinanza a comprobar sobre o terreo os traballos de corta... Ler máis
Ribadeo, 27 de xuño de 2024. A comunidade educativa do CEIP Gregorio Sanz agradece as inversións anunciadas hoxe polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e polo alcalde ribadense, Dan... Ler máis
Ribadeo, 27 de xuño de 2024. Ribadeo recibiu esta mañá a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que asinou no libro de honra do Concello, anunciou... Ler máis
Ribadeo, 22 de febreiro de 2024. O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 26 de febreiro, a partires das 16:00 horas. A director... Ler máis
A través dun documental e dunha charla-exposición achegáronlle ao alumnado os secretos que agocha o fondo mariño da ría. O rexedor agradeceu o traballo realizado por este colectivo “e por ir... Ler máis
O profesorado compartiu un entrañable acto de despedida a catro compañeiras e un compañeiro con motivo da súa xubilación. Trátase de José Mª Rañón, Emilia Cao, Socorro García, Teresa García... Ler máis
As celebracións remataron cunha merenda-cea, á que acudiron máis de 300 persoas, e coas actuacións musicais de Corazones Jóvenes e Tumba e Dálle. Vega felicitou á dirección do centro no que... Ler máis
Destaca o papel do CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, que participa en numerosos proxectos como o programa de mellora da biblioteca escolar Plambe, o Plan Proxecta e o Vexo, Vexo, Xacobeo, entr... Ler máis
Ribadeo, 18 de xuño de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá este luns, 19 de xuño, ao acto conmemorativo do 50 aniversario do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, que... Ler máis
Alí puideron ver o salón de plenos e falar coas concelleiras de Obras e Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, sobre o desenvolvemento das sesións plenarias. Ler máis
Ribadeo, 7 de xuño de 2023. Desde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lug... Ler máis
Ribadeo, 6 de xuño de 2023. O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal o vindeiro 19 de xuño. E o día 21 haber... Ler máis
Ribadeo, 25 de abril de 2023. Cento cincuenta estudantes do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Ceip Gregorio Sanz participaron onte nun roteiro que xirou arredor de A gruta da torre, novel... Ler máis
Fíxoo plantando un arce xaponés a carón do pavillón da rúa Alfredo Deaño. Xunto ás rapazas, rapaces, profesor e directora do colexio estivo o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, que o... Ler máis
Ribadeo, 22 de outubro, 2023. O “Caldo de Gloria” é unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña meu lar” pertencente ao libro Follas Novas, no que a poeta explica como facer un caldo hum... Ler máis
Versará sobre Atención e aprendizaxe: pautas para o traballo na casa. E terá lugar no Ceip Gregorio Sanz a partir das 16:15 horas. A sesión será impartida por Carolina García Chico, pedagoga... Ler máis
Ribadeo, 18 de xuño de 2022. O obradoiro de emprego Territorio Vivo, dentro da especialidade de Interpretación e Educación Ambiental, rematou esta semana un programa de actividades de educac... Ler máis






No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



