O profesorado compartiu un entrañable acto de despedida a catro compañeiras e un compañeiro con motivo da súa xubilación. Trátase de José Mª Rañón, Emilia Cao, Socorro García, Teresa García e Concepción Sanjurjo. O Parador acolleu a comida de homenaxe, nas que todas e todos compartiron experiencias e fixeron memoria sobre os momentos vividos ao longo da súa vida laboral no centro. Houbo agasallos para mostrarlles o recoñecemento polos anos dedicados ao ensino no Ceip Gregorio Sanz e foto de familia para o recordo.
Despedida a cinco profesores que se xubilaron no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo
Despedida a cinco profesores que se xubilaron no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo
Relacionado
-
Este luns comeza un curso preparatorio para o exame de competencias clave de nivel 2 que organiza o Concello de Ribadeo
-
O BNG de Ribadeo volve demandar desculpas públicas á concelleira de Benestar Social despois do sucedido na visita ao balneario no 8 de Marzo pasado
-
Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo