Ribadeo, 22 de xaneiro, 2026. A Plataforma Polas Nosas Árbores cuestiona a decisión de derrubar por completo o peche perimetral do C.P. Gregorio Sanz, unha vez iniciadas as obras e coñecidos os primeiros detalles do proxecto. O colectivo pregúntase por que non se valorou a rehabilitación parcial do muro existente, tendo en conta que máis do 60% dos módulos e piares prefabricados se atopaban en bo estado e que o murete de base, de ladrillo dobre e morteiro, estaba íntegro e só precisaba pequenas reparacións.
A plataforma considera que debería terse realizado un estudo técnico-económico previo que permitise comparar a rehabilitación co custo dun peche completamente novo. Ao seu xuízo, repítese o patrón doutras actuacións recentes: optar por derrubar e construír de cero en lugar de apostar por solucións sostibles e de menor impacto ambiental.
O colectivo critica tamén o sistema elixido, baseado nun muro de formigón armado e postes de plástico macizo unidos con varas de aceiro, unha solución que consideran máis cara, menos sostible e máis complexa de reparar en caso de rotura. Engaden que o peche antigo non presentaba colapsos nin riscos, ao contrario do que se difundiu nalgúns medios.
Como alternativa, propoñen un peche de madeira tratada —castiñeiro, carballo ou piñeiro— combinada co murete existente, unha opción renovable, local, máis económica e de fácil mantemento.
A Plataforma lembra que un proxecto deste tipo debería ser presentado ao profesorado, ás ANPAS e ao alumnado, fomentando a participación da comunidade educativa. Subliñan que non se opoñen á mellora do peche, senón ao uso ineficiente de fondos públicos e á falta de criterios de sustentabilidade. Finalmente, lamentan a tala de árbores que acompañou o inicio das obras, que consideran innecesaria.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



