Alí puideron ver o salón de plenos e falar coas concelleiras de Obras e Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, sobre o desenvolvemento das sesións plenarias.

A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da asociación cultural Val de Francos, responsable da organización. Arias felicitou ao colectivo “por manter e renovar esta tradición festiva” que implica ás parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno. O Campo do Carril, en Ansemar, acollerá os actos a partir das catro e media da tarde. Ademais do sermón e a Queima do Entroido, haberá xogos e actividades infantís, unha degustación gratuíta de produtos de razas autóctonas galegas e sorteo de agasallos. Tamén haberá postos de venda de filloas elaboradas por filloeiras de Muimenta e animación musical con varios grupos e orquestras.
Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunco, e contará coa actuación do dúo Matices.
Agora xa está aberta a inscripción do 2º cuatrimestre na UNED Senior de Viveiro para os maiores de 50 anos interesados e permanecerá aberta ata o 24 de febreiro na asignatura: "La emigración gallega y su impacto en el mundo del y de las letras". Mais información: Secretaría UNED. Claustros Iglesia de San Francisco.1º piso. 982 563 601. viveiro@lugo.uned.es
O alcalde, Dani Vega, desexoulles que “estas prácticas sexan proveitosas tanto para o seu futuro laboral como para levar un grato recordo cultural da nosa terra”. Este grupo de rapazas e rapaces italianos chegaron a Ribadeo da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Os restos serán agora biotriturados, creando un abono orgánico que axudará a reducir a aparición de malas herbas e o uso de abonos e herbicidas químicos.
Por que cantan as mulleresA partir do mediodía haberá degustación do caldo de gloria. Ás 18h, a profesora de canto tradicional e revisionista de coplas, Branca Villares, ofrecerá unha palestra-concerto baixo o nome "Por que cantan as mulleres?". Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.
Unha comedia para público adulto. A cita é ás 20:30h. Entradas: De luns a xoves, no 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro 1 hora antes da función.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital