05 de Abril de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A “XIV Rota Cicloturista de A Mariña” recorrerá 95 quilómetros por catro concellos

09-07-09

BURELA .-A rota cicloturista de A Mariña que se celebra o sábado recorrerá 95 quilómetros polos concellos de Foz , Valadouro , Viveiro , Ourol e Burela. Os organizadores explican que “este percorrido pódese considerar de dureza Medio-Alta,  xa que se subirán 3 portos de montaña”.  Partirá do pavillón dos institutos de Burela ás tres e media da tarde

Nota de Prensa

O vindeiro sábado dia 11 de xullo , celebrarase a XIV Rota cicloturista da Mariña. Esta Rota terá a saída do pavillón dos institutos as 15:30 horas e ao longo dos 95 km. de percorrido pasará polos concellos de Foz , Valadouro , Viveiro , Ourol e Burela ; este percorrido pódese considerar de dureza Medio-Alta , xa que se subirán 3 portos de montaña entre os que destacan o de Vilacampa que se subirá dúas veces , a primeira dende Ferreira e a segunda dende Chavín e como remate subirase o alto da Area recreativa de Monte Castelo en Burela onde se pasará de 30 m. sobre o nivel do mar hasta os 350 m. en tan solo 3.5km. o que supón un desnivel moi importante , polo que se aconsella un desarrollo de 39 – 28.

Este ano faremos un percorrido alternativo que partirá da estrada que une as localidades de As Lobeiras e Caxoto é cun percorrido de 4 km. sae ao alto de San Andrés de Boimente , por esta estrada iran os ciclistas que acumulen máis retardo no percorrido e servirá para suavizar un pouco a dureza do mesmo xa que non soio se libran da subida de San Andrés , senón que se acurta en 15 km. o total da marcha.

Esperamos que como en anos anteriores participen ciclistas de toda a Comunidade Autónoma así como de Asturias , León e mesmo de Madrid xa que coincide con época de vacacións e sempre participaron ciclistas da capital do Estado , ademais , este ano esta Rota é puntuable pa Copa Galega de Cicloturismo.

Na Rota poden participar ciclistas maiores de 15 anos que teñan licencia federativa , si non a posúen poderán sacar a de un dia e participar na Marcha , durante a mesma poñeremos o servizo dos ciclistas os avituallamentos sólidos e líquidos necesarios para satisfacer as súas necesidades así como a regulación de tódolos cruces con persoal do propio Club e de Protección Civil do Concello así como a cobertura da Garda Civil de Tráfico e Policia Local de Burela.

O remate da Marcha , os ciclistas disporán de duchas e de unha comida para repoñer as forzas gastadas neste duro percorrido , así mesmo entregaranse recordos a tódolos participantes así como os clubes máis numerosos , máis lonxano , o participante de máis idade e a tódalas participantes femininas polo que animamos a tódolos/as afeccionados o ciclismo que participen e que terán un bonito recordo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive