17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP pregunta pola área sanitaria de A Mariña a conselleira de Sanidade

29-09-09

Nota de Prensa

O deputado popular explicou que a resposta de Pilar Farjas na vindeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia contribuirá a clarexar ás dúbidas existentes respecto desta cuestión

BALSEIRO INTERPELARÁ Á CONSELLEIRA DE SANIDADE SOBRE O MANTEMENTO DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

* Balseiro indicou que rexistrou a pregunta parlamentaria pero que ten moi clara a resposta: “Sanidade non suprimirá a área sanitaria da Mariña , ao contrario, estuda incrementar o catálogo de servizos do Hospital da Costa”

* Os populares censuran a política de confusión e medo que están a levar adiante PSOE e BNG e pide que veciños e medios de comunicación xulguen  ao PP e á nova Xunta polos feitos  “e non e base  a suposicións ou figuracións de futuro sen ningún fundamento”.

Santiago, 29 de setembro de 2009.- O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia Jose Manuel  Balseiro Orol presentou en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria a través da que os populares interpelarán na vindeira sesión plenaria da Cámara galega á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre o mantemento da área sanitaria da Mariña. Segundo explica o parlamentario do PPdeG a intención desta formación política é que a resposta da titular do departamento autonómico de Sanidade contribúa a clarexar as dúbidas que existen respecto desta cuestión.

PSOE E BNG: ESTRATEXIA DE CONFUSIÓN É  MEDO

Balseiro Orol volve a censurar a estratexia de confusión e medo que están a levar adiante tanto os nacionalistas como os socialistas na comarca, “atribuíndo á nova administración autonómica a falsa intención de baleirar de servizos ao Hospital da Costa”. Para o parlamentario popular centrar a crítica política dos partidos de oposición “en base a unha serie de criterios falsos e nun asunto tan sensible como é o que afecta aos servizos chamados a garantir a saúde das persoas” é un comportamento que “acabará por ir en contra de BNG e PSOE, pois os veciños censurarán  a aqueles partidos que os teñen enganado”.

O deputado popular insiste en que nunca rexistraría esta pregunta no Parlamento de Galicia se non fose porque ten a total seguridade de que a resposta será satisfactoria e, polo tanto, que a Consellería de Sanidade non só non ten previsto suprimir a área sanitaria da Mariña lucense senón que, ademais, a intención dos responsables autonómicos de saúde é estudar a ampliación do catálogo de servizos e prestacións que a día de hoxe se ofertan no Hospital da Costa. Balseiro Orol novamente subliña que a prioridade da acción do Goberno na Mariña está en traballar para recuperar un sistema público de saúde “deteriorado e colapsado” como consecuencia da nefasta xestión do Executivo  bipartito.

FEITOS E NON SUPOSICIÓNS

“Hoxe están a poñer o grito no ceo e a autoerixirse en defensores da sanidade comarcal os mesmos partidos que, cando tiveron responsabilidades  de Goberno na Xunta esqueceron o noso Hospital e desatenderon ás necesidades do noso sistema de saúde”-afirmou Balseiro. Finalmente o deputado mariñán pediu a veciños e medios de comunicación que ao PPdeG e á Xunta “se nos xulgue polos feitos e non en base a suposicións, erradas interpretacións das palabras da Conselleira ou figuracións de futuro sen ningún fundamento”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive