12 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG solicita que se habiliten liñas de axuda para facer fronte aos danos do temporal

10-06-10

NOTA DE PRENSA:
Blanco esixe ao Goberno Galego diñeiro e medios e non xestos

O BNG solicita que se habiliten liñas de axuda para facer fronte aos danos do temporal.

O Bloque Nacionalista Galego esixiu a Xunta de Galiza que habilite unha liña de axudas dirixida a paliar os efectos que na Comarca da Mariña están a provocar as intensas choivas que afectaron á nosa zona na ao longo da xornada de onte e do dia de hoxe e que provocaron importantes danos tanto en infraestruturas públicas, como propiedades privadas, negocios particulares, plantacións e explotacións agro gandeiras.

O Parlamentario Nacionalista, Fernando Blanco ,que percorreu diferentes Concellos da Mariña acompañado de cargos orgánicos e institucionais do BNG, afirmou “que diante dunha situación de emerxencia como esta non é o momento de esixir responsabilidades senón de buscar solucións e nese sentido a administración autonómica debe asumir as súas competencias neste caso”. O nacionalista demandou “que a Xunta solicite dos Concellos unha valoración de danos nas infraestruturas públicas así como que se abra un período para que os negocios e explotación agro gandeiras afectados polas inundacións poidan achegar as perdas que se puideran producir”. Na mesma liña instou a unha resposta interdepartamental por parte da administración autonómica “que debe comprometer ao conxunto das Consellarías para facer fronte a situación creada”.

Blanco que fixo moito fincapé que a día de hoxe non se pode facer unha valoración con precisión sobre o afección do temporal de choiva dado que este continúa e tamén porque non existen dados dos danos que este puido provocar en moitas vivendas privadas, nomeadamente naquelas que son de segunda residencia e xa que logo nesta época permanecen desocupadas, denunciou que os problemas cada día maiores que xera a caída de choiva na comarca teñen a ver moito co intensivo proceso urbanizador que viviron determinados lugares da Mariña sen que isto se vise acompañado da dotación dos servizos urbanísticos. “É obvio que se altera a conformación natural do territorio e despois isto non se acompaña das infraestruturas de saneamento necesarias que os riscos diante dunha situación destas aumentan exponencialmente” sentenciou Veiga.

Os nacionalistas denunciaron que a situación da rede de saneamento é en termos xerais no conxunto da Comarca e que mesmo algo tal elemental como a separación das augas pluviais e fecais só esta implementada nalgunhas áreas dalgúns Concellos. “Isto que mesmamente é obrigatorio por lei é unha excepción”, afirmou Veiga que demandou “maior compromiso orzamentario da Xunta de Galiza para que os Concellos poidan completar a mellora das redes de saneamento”. A súa vez o BNG tampouco considera casual o forte impacto que as inundacións están a ter nas zonas próximas a Autovía tanto algo que esta moi ligado que durante as obras da mesma desapareceron os cursos normais dos caudais da auga sen que fosen substituídos por outros.

Neste sentido Antonio Veiga denunciou que a pesar dese suposto gabinete de crise con sede no Concello de Barreiros, Concellos tiveron que botar mao de medios propios sen que a administración autonómica cumprise co papel que ten encomendado por lei de coordinar situacións como esta. Na mesma liña criticou que as previsións metereolóxicas volvesen a fallar e que este temporal de choiva tivese que ser respondido sen quen se contasen con medios extraordinarios para facer fronte a unha situación que sen dúbida algunha é extraordinaria.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive