09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública quere trasladar as súas demandas á conselleira de Sanidade

06-07-10

A MARIÑA .- Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña valoraron o resultado da mobilizacións social do 26 de xullo e agradeceron o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación, na que demostraron preocupación polos recortes nos servizos sanitarios, que non aceptan a centralización en Lugo e esixen unha Área de Xestión Integrada Única para A Mariña. A Plataforma acordou solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas para trasladar formalmente as súas demandas.

Nota de Prensa

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña pedirá unha entrevista coa Conselleira de Sanidade Pilar Farjas

A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá á mobilización do día 26

O éxito da mobilización demostrou que a cidadanía mariñá no acepta recortes no sistema sanitario público

A Mariña, 6 de xullo de 2010. Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña reuníronse na tarde de onte para valorar o resultado da mobilizacións social do pasado 26 de xullo. A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación do sábado 26 de xuño na que milleiros de veciños e veciñas da comarca demostraron a súa preocupación polos recortes nos servizos sanitarios públicos na comarca e que non aceptan a centralización en Lugo e esixen unha Área de Xestión Integrada Única para A Mariña. A Plataforma acordou solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas para trasladar formalmente as súas demandas.

A Plataforma solicitará  unha reunión coa Conselleira de Sanidade Pilar Farjas

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acordou onte solicitar unha entrevista coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a fin de trasladarlle persoalmente as demandas expostas no manifesto  lido o sábado 26 de xuño ao remate da manifestación de Burela. Os e as representantes da plataforma asumiron con responsabilidade o apoio masivo da cidadanía mariñá que avalou co seu apoio unhas demandas das que a Xunta de Galiza debe tomar boa nota. A Plataforma insistiu en que a Mariña deber ter un Área de Xestión Integrada Propia,  e reivindicaron a  ampliación real do Hospital da Costa en número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos do cadro de persoal e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos  e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada.

A Plataforma agradeceu o apoio masivo da cidadanía mariñá  á mobilización do sábado 26 de xuño

Os e as representantes da Plataforma reunidos na tarde de onte agradeceron o apoio masivo da cidadanía mariñá á manifestación de Burela, demostrando así a súa preocupación polos recortes nos servizos sanitarios públicos na Mariña tanto en atención primaria como especializada. Neste sentido, recalcaron que as manobras para reducir a asistencia á manifestación de Burela dos representantes de algún partido político non tiveron credibilidade e puideron causar un efecto contrario ao pretendido.

A constitución da Plataforma e o apoio da cidadanía  ás súas demandas xa tivo resultados positivos na comarca.

Os representantes da Plataforma mostraron a súa satisfacción polo traballo realizado nos últimos meses que xa tivo resultados positivos na comarca, unha vez mais demostrouse que a presión social e importante, neste contexto enmarcaron o inicio de obras un día antes da manifestación ou a posta en marcha da ambulancia medicalizada. Aínda así recalcaron que as principais demandas da Plataforma seguen sen ser atendidas polo que continuarán o seu traballo ate onde sexa preciso a fin de que estas sexan atendidas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive