05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP reitera que a Xunta garante a autonomía da xestión dos tres hospitais lucenses

03-07-10

NOTA DE PRENSA:
O PP reitera que a Xunta garante a autonomía da xestión dos tres hospitais lucenses

* Os populares reprochan os socialistas a sua critica constante sobre problemas dos que foron responsables durante a sua estaba de goberno bipartito e que a actual Xunta esta a correxir

* Consideran que a sua actitude e consecuencia de que se atopan totalmente desnortados, porque nin teñen discurso nin saben facer oposicion

Lugo, a 3 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Lugo reitera, facendose eco do manifestado a este respecto polo presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade, que esta garantida a autonomia da xestion para cada un dos tres hospitais lucenses: Burela, Monforte e Lugo. A insistencia do PSOE en negar a evidencia responde, na opinión dos populares, a un intento por sacar redito politico a base de tergiversar a realidade e provocar incertidume entre a cidadania.

Suliñan dende o PP de Lugo que a autonomia das tres areas sanitarias lucenses esta fora de toda dubida e critican a actitude enrocada na que se instalaron os socialistas neste asunto e que achacan a que estan absolutamente desnortados porque nin teñen discurso nin saben facer oposición. Proba de que ninguen cree xa o que din foi a pouca participación acadada pola manifestación convocada hai uns dias en Burela na que participou menos do un por cento da poboacion da area sanitaria afectada. Non foron quen, segundo suliñan os populares, nin de movilizar os seus propios militantes.

Lembran neste senso que sera o goberno da Xunta que lidera o Partido Popular o que garantizara que Lugo poda dispoñer dun hospital de primeira categoría e debidamente equipado, posto que o bipartito non deixou consignada ningunha partida orzamentaria para tal fin, unha situación que foi correxida con gran dilixencia por parte do goberno de Feijoo, engaden.

No que respecta a descentralización do servicio de autopsias, dende o PP insisten en que se deron os pasos necesarios para acadar este obxectivo e correxir asi a desfeita realizada polo bipartito neste asunto. Afirman neste senso que este e un problema resolto porque estan contratados o forense e o axudantes para que este servicio se preste xa nos hospitais de Monforte e Burela.

Os populares califican de hipócritas os socialistas e lembran que foi o bipartito o que, en abril de 2006, acordara a centralización da práctica das autopsias nas instalacións que o Instituto Galego de Medicina Legal (IMELGA) posúe na capital provincial e lamentan que agora se amosen molestos porque a Xunta corrixa esta situación.

No que atinxe a apertura pendente de varios xeriatricos, os populares remitense a resposta dada pola secretaria xeral de Familia e Benestar en sede parlamentaria na que confirmaba que o Goberno galego prevé a apertura das residencias de Viveiro e Monforte para o vindeiro mes de setembro despois de superar os impedimentos que provocou a negativa do alcalde de Viveiro a aceptar os acordos acadados a este respecto pola Xunta e Sogaserso a principios deste ano. Recalcan dende o PP que a decisión deste alcalde socialista de retrasar ata o pasado 31 de maio a adopción do pertinente acordo municipal demorou a posta en funcionamento de catro residencias, ademais da de Viveiro e Monforte, a de Vimianzo e Ourense, polo que instan os responsables da executiva provincial do PSdeG a que lle pidan as pertinentes explicacions o seu compañeiro Melchor Roel.

Suliñan tamen os populares que, pese a que a administración autonómica non forma parte do accionariado de Sogaserso, esta totalmente garantizado que o cen por cen das prazas destas residencias seran sostidas por fondos publicos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive