19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cincuenta rapaces participaron nas actividades do centro de educación medio ambiental Gaia de Burela

12-08-10

NOTA DE PRENSA:
UNS 50 RAPACES PARTICIPARON NAS ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DO VERÁN POLO CENTRO DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL GAIA. MAÑÁ OS NENOS REGARÁN AS PRANTAS DO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.

Burela, 12 de agosto de 2010. Uns 50 rapaces participaron nas actividades realizadas ao longo do verán polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, polo que as monitoras fan un balance moi positivo.

Os nenos durante o mes de xullo visitaron catro fontes de Burela, limparon a praia do Portelo, fixeron voar cometas, “e pasamos xornadas agradables xogando con paracaídas, con globos de auga e cos xogos populares, talleres de reciclaxe e de barro”. E durante o mes de agosto visitaron a nave de redes e o arquivo histórico da confraría de pescadores de Burela, “acudimos á nave de redes e coñecemos de primeira man o duro oficio que realizan as socias da asociación de redeiras Cabo Burela, que nos explicaron como e cando se fundou a asociación, que materiais usan, como se desenrola o seu traballo distribuído en longas xornadas e en que consiste a súa labor día tras día. A visita ao arquivo histórico foi de grande interese e así quedou constatado no libro de visitas do propio arquivo, fomos o primeiro grupo en visitalo, un arquivo de recente creación no que se poden consultar documentos relacionados coa flora pesqueira,etc…”.

Este venres 13 de agosto un operario de xardinería do Concello de Burela explicará aos nenos a importancia de conservar os parques coidados e en boas condicións, e plantarán e regarán as plantas do parque Rosalía de Castro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive