19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O edil de Medio Ambiente de Ribadeo cualifica de éxito o acto de divulgación da Axenda XXI

05-08-10

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, fai un balance moi positivo do acto de divulgación da Axenda XXI Local celebrado onte en Ribadeo.

O edil nacionalista sinalou que “participou unha grande afluencia de público de todas as idades, foi un autentico éxito, xa que pola mañá acercáronse ao acto dos dados e circuitos de información moitas persoas e nenos para coñecer o que se pretende coa posta en escena da Axenda. E pola tarde os animadores e magos tiveron una grande aceptación, xa pola noite  os grupos de música tanto de gaita como de rock de Ribadeo tamén reuniron a moita xente. Ditos grupos concursarán a una  banda sonora para a Axenda”.

Cupeiro agradece “desde o Concello a quen soportou o custo dos eventos que neste caso foi a Xunta de Galicia”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive