18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP asegura que desde o 14 de maio funciona o servizo de autopsias do Hospital da Costa

11-08-10

NOTA DE PRENSA

A edil nacionalista xa non se enteira dos asuntos municipais para canto máis facelo dos de ámbito comarcal
NEVES CANDO MINTE AO ASEGURAR QUE NON SE RECUPEROU O SERVIZO DE AUTOPSIAS NO HOSPITAL DA COSTA E POR ISO DEBE PEDIR PERDÓN AOS VECIÑOS DA MARIÑA E DE BURELA

* Balseiro empraza a Neves Cando a deixar de “desinformar” e actuar como unha “indocumentada política”, porque a pasada fin de semana practicouse unha autopsia no Hospital da Costa e non na capital provincial como ela afirma.

* Desde o 14 de maio, data a partir da que o director xeral de Xustiza reunido con Balseiro, adiantou a contratación dun novo forense se están a realizar autopsias no Hospital da Costa a excepción dun caso particular acontecido no mes de xuño, porque o traslado a Lugo permitiu facela con maior celeridade.

* O deputado popular lembra que os únicos que deliberada e conscientemente centralizaron as autopsias na cidade de Lugo foron os responsables do anterior Goberno bipartito da Xunta, naquel momento Neves Cando gardaba un incomprensible silencio.

A Mariña lucense, 11 de agosto de 2010.- A tenente de alcalde do Concello de Burela, Neves Cando minte deliberadamente ao afirmar que non se recuperou o servizo de autopsias no Hospital da Costa e polo tanto, ante semellante engano, debera pedir perdón aos veciños da Mariña e de Burela en particular. Así o asegura o deputado popular Jose Manuel Balseiro quen tamén empraza a edil nacionalista a deixar de “desinformar” e actuar como unha “indocumentada política”, porque a pasada fin de semana practicouse unha autopsia no centro hospitalario burelés e non na capital provincial como ela afirma.

Jose Manuel Balseiro asegura ademáis que desde o 14 de maio de 2010 data a partir da que o director xeral de Xustiza, reunido con Balseiro, confirmou a contratación dun novo forense para o Instituto de Medicina Legal (IMELGA) cada vez que é preciso realizar unha autopsia na nosa comarca esta se efectúa no Hospital da Costa, e non en Lugo, coa excepción dun caso particular acontecido no mes de xuño, porque autoridades e familia conviñeron que neste momento era máis rápido e efectivo trasladar ao paciente a capital lucense.

O BIPARTITO CENTRALIZOU AS AUTOPSIAS

O deputado popular lembra que os únicos que deliberada e conscientemente centralizaron as autopsias na cidade de Lugo foron os responsables do anterior Goberno bipartito da Xunta, isto é, socialistas e nacionalistas. Só que entón Neves Cando calou, obediente ao partido e allea ante as discriminacións e ante a falta de compromiso coa comarca que practicaba o seu Goberno amigo. Daquela a edil nacionalista non se amosou nada preocupada polos problemas que as familias da Mariña implicaban estes desprazamentos. Balseiro insiste ademais en que hai unha enorme deferencia entre o PP e o BNG, pois mentres que os populares criticaron sempre a centralización das autopsias en Lugo, desde a oposición, e desde o Goberno –onde fixeron as xestións oportunas para restablecer o servizo en Burela- o BNG calou mudo cando foron centralizadas polo bipartito e so agora falan, encima para dicir mentiras.

Jose Manuel Balseiro aconsella a Neves Cando que xa que, coa súa actuación diaria, da mostras de non enteirarse dos asuntos municipais, omita tamén facer calquera tipo de referencia aos que índole comarcal, nos que tampouco parece decatarse de nada excepto, claro está, que a súa intención desde o primeiro momento fora a de mentir a todos os veciños difundindo informacións falsas e malintencionadas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive