09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A asociación “Pasiño a pasiño” remata as actividades de verán cun obradoiro de mosaicos

02-09-10

NOTA DE PRENSA
Pasiño a Pasiño termina mañá, cun obradoiro de Mosaicos, o seu programa de Verán e enviámosvos un “colage” de fotografías, en mostra de agradecemento aos nosos monitores, fáltanos a de Cabaleiros do Xunco que igual a teneis en arquivo, e pretendemos agradecer a todos a súa colaboración, se teneis un oco e nolo podeis dedicar sería de agradecer, pois foi moita a xente que traballou neste proxecto e con ésto queremos animar e seguir adiante…

Queremos despedir o verán, e este ciclo de traballo, dando as grazas, a todas aquelas persoas que nos axudan para que este proxecto se poida levar a diante. Damos grazas os colaboradores, que fixeron posible un verán entretido e con moita diversión e aprendizaxe entre familia e amigos, tales coma: Os Cabaleiros do Xunco, e á persoa de Moncho, a Lorena Fernández, María Castro e Rocío Varela, como monitoras de obradoiros, a Joaqui Guillén, monitor de tenis, a Jose Antonio Zan, o noso presidente e monitor de futbol, a Beatriz Vázquez, que axudou nos comezos, e a Xoán Estua, moi pendente de nós, atendendo cada dúbida, cada chamada, a Loli Basadre polos seus coñecementos, e tamén a todos aqueles pais que de forma desinteresada fixeron posible moitas das actividades que Directiva de Pasiño a Pasiño tiñan preparada.

Tamén e a nivel de colectivos agradecemos ó CIT de San Ciprián a cesión do local e todas as atención que nos prestan; á Diputación Provincial de Lugo, Vicepresidencia Primeira e o Concello de Cervo por ternos cedido as pistas de Rio Cobo.

E que non soe a despedida !! porque deguimos traballando e se nos presenta un outono tamén movidiño !!!!

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive