A semana do teatro de O valadouro chega o seu fin con centos e centos de veciños e veciñas que se achegaron para ver as actuacións que tiveron lugar ó longoo da xxv semana do teatro de Valadouro. Hoxe sábado tócalle o turno ó grupo Irmans Vilar Ponte de Bravos ó que o resto de grupos compañeiros lle deixaron o pavillón moi alto. Mañá,domingo ás 21:00 horas, vai a ter unha pequena homenaxe a aquelas persoas que fai 25 anos fixeron posibles que os seus soños se fixeran realidade. por tal motivo, se vai a proxectar a primeira obra que fixeran o grupo de teatro Amado Lar fai 25 anos na Praza. A proxección que vai a servir para darlle o culmen e a clausura a unha exitosa semana de teatro e vai ter lugar no salón de actos da casa da cultura de Ferreira.






















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



