19 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Casa da Administración de Sargadelos acolle as representacións da programación “Espazos sonoros”

16-09-10

Nota de prensa:
GIROVAGO E RONDELLA FAMILY THEATRE’ ABREN MAÑÁ A PROGRAMACIÓN ‘ESPAZOS SONOROS’ NA CASA DA ADMINISTRACIÓN

*

A sede do Real Patronato de Sargadelos acollerá cinco espectáculos deste festival organizado pola Consellería de Cultura e na que colabora o Concello a través da súa concellería de Cultura

*

‘Espazos Sonoros’ persegue a valorización do patrimonio histórico galego e a promoción da creación musical no noso país.

Cervo, 16 de setembro de 2010.- Mañá venres, a partires das 12.30 horas, a Casa da Administración de Sargadelos acollerá a primeira das cinco actuacións e espectáculos musicais programados dentro do festival “Espazos Sonoros”, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo en diversos puntos de toda a xeografía galega e na que colabora o Concello de Cervo a través da súa concellería de Cultura.

Os encargados de abrir o cartel en Sargadelos serán “Girovago e Rondella Family Theatre”, co seu espectáculo “Mano Viva: o boneco de cinco dedos que camiña”. É unha obra tan áxil coma o boneco/man protagonista. As pernas resultan o compoñente secreto do artefacto, dotadas de xeonllo e pé que lle permiten articularse con moitísima plasticidade. O resultado é unha fascinante aventura baseada en acrobacias e situacións divertidas.

Girovago e Rondella Family Theatre forman unha das poucas familias de artistas da Italia contemporánea. A compañía nace en 1987 cando, tras diversas experiencias de mimo, música e artes aplicadas, Girovago e Rondella se coñecen en Rodas. Desde ese momento, e durante sete anos, representan os seus espectáculos nas illas gregas e na costa turca, transformándose en Family Theatre ao naceren os seus fillos, Rugiada, Timoteo e Tommaso, que atoparían tamén o seu lugar no escenario. Os seus espectáculos son innovadores e evolucionaron converténdose nunha realidade particular, sen parangón con outros artistas de rúa. Foron gañadores do Festival de Atripalda e convertéronse na imaxe para a RAI do Festival de Certaldo.

ESCOLARES CONVIDADOS

Segundo indicou a concelleira de Cultura cervense, Chelo Gallego, “Mano Viva: o boneco de cinco dedos que camiña” é un espectáculo especialmente indicado para os nenos en idade escolar, “de ahí el horario de su celebración” dixo. Neste sentido apuntou que a concellería de Cultura remitiu unha invitación aos escolares do CEIP de Cervo para que asistan a esta escenificación “y en las sucesivas actuaciones haremos lo propio con los otros dos centros educativos que hay en el municipio” adiantou. A edil cervense quixo puntualizar tamén que dito espectáculo está aberto ao público en xeral e convidou a tódalas persoas a que acudan a presencialo.

A programación de “Espazos Sonoros” que se vai desenvolver nos dous vindeiros meses na Casa da Administración de Sargadelos foi presentada o pasado día 1 de setembro pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias e o alcalde de Cerevo, Alfonso Villares. Enmarcado na programación do Xacobeo 2010, “Espazos Sonoros” continúa nesta terceira edición, fiel así mesmo e á intención coa que naceu, que é a de facer unha aposta pola valorización do patrimonio histórico galego e pola promoción da creación musical no noso país.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive