18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Alfoz denuncia que rapaces do concello e do Valadouro non teñen autobús para acudir ao instituto a Burela

27-09-10

Nota de prensa:
“O BNG DE ALFOZ DENUNCIA QUE RAPACES DE ALFOZ NON PODEN ACUDIR O INSTITUTO”

Dende o BNG denunciamos a situación que están a sufrir os rapaces de Alfoz e do veciño concello de O Valadouro que cursan estudos posteriores a educación secundaria obligatoria, bacharelato ou formación profesional no concello de Burela, encontranse sin servizo de autobús que lles permita acudir con normalidade os seus centros de estudos.

Con tan grave problema atópanse dende o comezo do curso escolar, durante tan só 2 días se lles prestou o servizo, e pudieron acudir con normalidade os seus centros de estudos, tras os cales lles comunicaron dende a empresa que prestaba o servizo que non lles era rentable e que deixaban de prestalo.

Como grave consecuencia todos os rapaces de Alfoz e Valadouro que cursan o citados estudos nos teñen a posiblidade de acudir con normalidade as súas clases e centros de estudos situados na cercana localidade de Burela, causando igualmente uns enormes prexuizos e inconvintes os seus pais e tutores e un incremento sustancial de gastos derivados dos desprazamentos dos rapaces os centros de estudos, tendo en moitos casos que desprazarse en taxi para poder acudir as aulas o que supón un custo as familias de 40 euros diarios.

Dende o BNG instamos ó concello a que tome cartas no asunto e solucione o problema, ou ben que financie ou encontre financiación para a prestación do servizo, “ non é normal a día de hoxe que os rapaces veciños de Alfoz non poidan cursar o bacharelato con normalidade polo mencioando problema”.

“Dende o BNG presentamos unha iniciativa no concello para instar a alcaldía a que realice a labor por a cal cobra e defenda os intereses dos veciños afectados”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive