18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Presentaron un libro que recolle os vinculos entre Galiza e Uruguay na Casa do Concello de Ribadeo

02-09-10

NOTA DE PRENSA:
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “VÍNCULOS CULTURAIS GALIZA-URUGUAY: JOSÉ ALONSO Y TRELLES/JUANA DE IBARBOUROU”

A obra recolle as actas do congreso celebrado en Ribadeo e Lourenzá en setembro de 2007, no que se analizou a obra destas dúas figuras literarias e afondouse nos vencellos de ambos países

RIBADEO, 3 de setembro de 2010. O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu ao acto de presentación do libro titulado “Os vínculos culturais Galiza-Uruguay: José Alonso y Trelles/Juana de Ibarbourou”, que se realizou esta tarde no salón de plenos do concello de Ribadeo. Ao acto tamén asistiron o alcalde ribadense, Fernando Suárez, o de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, o rexedor viveirense Melchor Roel, a cónsul do Uruguay en Santiago, Marta Echarte, así como Gustavo San Román, profesor da universidade de St. Andrews (Escocia) e os xerentes das fundacións comarcais da Mariña Central e Oriental, entre outros.

Na súa intervención, Antonio Veiga afirmou que é “un pracer para a Área de Cultura participar na presentación deste libro, que recolle todo o que se falara naquel congreso sobre as importantes relacións que hai entre Galiza e Uruguay, e cuxa publicación de seguro contribuirá a afondar aínda máis na unión histórica destes dous países”.

No congreso de setembro de 2007 analizáronse durante varios días os vencellos culturais e literarios entre estas dúas comunidades a través de dúas das súas figuras máis representativas, como foron José Alonso y Trelles, coñecido como El Viejo Pancho, poeta nacional uruguayo estudado polo profesor e intelectual ribadense Dionisio Gamallo Fierros, e Juana de Ibarbourou, filla adoptiva de Lourenzá a título póstumo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive