05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Segundo o PSOE os investimentos no Hospital da Costa xa estaban consignados no 2009

01-09-10

NOTA DE PRENSA:
REGO AFIRMA QUE TÓDALAS INVERSIÓNS QUE ANUNCIOU O PARTIDO POPULAR PARA O HOSPITAL DA COSTA DE BURELA XA ESTABAN CONSIGNADAS NO ORZAMENTO DO 2009

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asegura que “o Goberno de Feijoo non consignou nin un so euro a maiores nos orzamentos do 2010”

– Denuncia que os populares recortaron tódolos investimentos no centro hospitalario, incluíndo aqueles adicados ao seu funcionamento interno

– Sinala que o Partido Popular vai ter oportunidade de amosar o seu compromiso e a súa aposta polo Hospital da Costa, xa que o vindeiro venres 3 de setembro (pola mañá) na Comisión 3ª do Parlamento, será debatida unha iniciativa socialista na que propoñemos que o Goberno de Feijoo manteña as previsións do anterior executivo autonómico.

Burela , 1 de setembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego lémbralle ao PP que tódalas inversións que anunciou para realizar no Hospital da Costa de Burela xa estaban consignadas no orzamento do ano 2009, co goberno de Emilio Pérez Touriño.

O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lamenta que o Partido Popular pretenda vender como gran aposta para o Hospital Comarcal as inversións que eles mesmos paralizaron no ano 2009. E lembra que “ o Goberno de Feijoo non consignou nin un so euro a maiores nos orzamentos do 2010”. Ademais denuncia que os populares recortaron tódolos investimentos no centro hospitalario, incluíndo aqueles adicados ao seu funcionamento interno.

Rego asegura que estas políticas trouxo como consecuencia que a día de hoxe os cidadáns da Mariña luguesa soporten, gracias a brillante xestión do Goberno do Partido Popular e de Feijoo, as listas de espera mais elevadas de toda Galicia e nunca vistas en toda a Historia do Hospital da Costa.

O deputado socialista sinala que o Partido Popular vai ter oportunidade de amosar o seu compromiso e a súa aposta polo Hospital da Costa, xa que o vindeiro venres 3 de setembro (pola mañá) na Comisión 3ª do Parlamento, será debatida unha iniciativa socialista na que propoñemos que o Goberno de Feijoo manteña as previsións do anterior executivo autonómico neste hospital. Ademais reclama poñer en marcha de xeito inmediato o Plan Funcional que xa quedou redactado, para poder realizar a ampliación do Hospital, cun orzamento previsto de 9,6 millóns de euros.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive