08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alta participación no campeonato de bolos do centro social de Palmeiro en Xove

19-10-10

NOTA DE PRENSA

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO   ( 16 OUTUBRO 2010  )49    INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR,    15  NA LIGA SUB 18  E   10    NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 192 12
SEGUNDO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 179 10
TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 178 8
CUARTO LUIS RANCAÑO BOUSO 178 7
QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 177 6
SEXTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 175 5
SÉTIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 168 4
OITAVO ARTURO VIGO CASABELLA 162 3
NOVENO FÉLIX MÉNDEZ GALDO 155 2
DÉCIMO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 153 1
MELLOR BOLADA LUIS RANCAÑO BOUSO 74 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO AITOR BOUSO GAVIN 74 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 67 4
TERCEIRO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 62 3
CUARTO SAMUEL REY ÁLVAREZ 61 2
QUINTO CRISTIAN CAO CASARIEGO 57 1
MELLOR BOLADA AITOR BOUSO GAVIN 36 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 109 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 97 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROCUO 93 3
CUARTO DOLORES PÉREZ MÍGUEZ 72 2
QUINTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 68 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAFA 49 1

INCIDENCIAS DA 2ª  TIRADA

(Centro Social de Palmeiro – Sábado, 16 de outubro   2010)

-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.

-49 inscritos:  24 na Liga Senior,    15 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. O primeiro que queremos destacar deste comezo de temporada é a ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN nestas primeiras tiradas, dado que hai bastantes anos que non se inscribía tanta xente a unha tirada de bolos; Tamén a semana pasada, na tirada celebrada no C.S. de Lago tivemos 49 inscritos.  Temos que decir que unha boa culpa desta participación é a presencia dun importante número de xogadores/as Sub 18, o cal nos alegra un montón, xa que neles está o futuro dos bolos. Neste sentido, e polo momento, está claro que as Xornadas de Promoción dos bolos que realizamos no IES Illa de Sarón funcionaron ben, dado que polo menos, neste inicio de campionato, un bó número de alumnos/as do IES Illa de Sarón  están participando neste comezo. Temos que darlle as gracias ao profesor de educación física do IES Xabi Bouza Criado, que nos está axudando moito neste sentido, xa que él está animándoos a que participen na nosa competición.

Liga de Maiores.-  Despois de dúas tiradas, a Liga encabézaa Moisés Rodríguez, quen se está mostrando moi forte neste inicio de temporada. Recordamos que Moisés Rodríguez foi campión Sub 18 de bolos na temporada 2001-2002, dahí que estemos a falar dun xogador cunha ampla traxectoria neste deporte, polo que nón é ningunha sorpresa o seu liderato. En segunda posición temos ao vixente campión Ginés Rodríguez, cun xogo tamén moi sólido, continuando a traxectoria da temporada pasada; Ginés, se o traballo llo permite  é pode asistir regularmente ás tiradas, non nos cabe dúbida que vai ser o rival a batir, sempre e cando manteña a ambición da pasada temporada. En terceira posición todo un clásico, o xa veterano Arturo Vigo, que inda se mantén nas primeiras posicións, pero xa cunha traxectoria irregular, alternando boas e mediocres actuacións, lonxe xa  de glorias pasadas.

Liga Sub 18.- Esta liga, polo momento, é toda unha incógnita, dado o número de novos xogadores/as que se incorporaron á mesma, e que inda non os coñecemos o suficiente como para facer unha valoración de todos eles. Se podemos decir, que a líder Claudia Fernández, quen xa participou na Liga durante unha parte da pasada temporada, está mantendo un nivel aceptable de xogo, dahí a súa posición. O segundo clasificado, Aitor Bouso, polas súas características físicas e a pouco que manteña unha regularidade, pode convertirse no rival a batir.

Liga Feminina.- Nesta Liga podemos decir que mantemos unha continuidade con respecto ao pasado ano, dado que as primeiras clasificadas da temporada pasada comandan a clasificación, inda que invertidas, xa que Dolores Baño  (subcampiona do pasado ano) é líder con 10 puntos, seguida de Carmen Roca (campiona do pasado ano) con 6 puntos, xunto con Concepción Piñeiro, tamén con 6 puntos. Das novas incorporacións, temos que decir que nos gustou moito o estilo e a maneira de xogar de Belén Meitín, unha nova xogadora que se incorporou este ano á Liga, e que se sigue con esta progresión pode dar moito que falar este ano.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE OUTUBRO DE 2010.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive