08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comezou a liga de bolos de Xove con 49 participantes inscritos en tres categorías

13-10-10

Nota de Prensa

INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA

(Centro Social de Lago – Sábado, 9 de outubro 2010)

-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.

-49 inscritos, 24 na Liga Senior, 15 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. O primeiro que queremos destacar deste comezo de temporada é a ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN nesta primeira tirada, dado que hai bastantes anos que non se inscribía tanta xente a unha tirada de bolos. Temos que decir que unha boa culpa desta participación é a presencia dun importante número de xogadores-xogadoras Sub 18, o cal nos alegra un montón, xa que neles está o futuro dos bolos. Neste sentido, e polo momento, está claro que as Xornadas de Promoción dos bolos que realizamos no IES Illa de Sarón funcionaron ben, dado que polo menos, neste inicio de campionato, un bó número de alumnos/as do IES Illa de Sarón participaran neste comezo. Temos que darlle as gracias ao profesor de educación física do IES Xabi Bouza Criado, que nos está axudando moito neste sentido, xa que él está animándoos a que participen na nosa competición.

Liga de Maiores.- Gañou esta primeira tirada Moisés Rodríguez con 147 tantos, seguido do clásico Arturo Vigo con 144 e o actual poseedor do título Ginés Rodríguez con 138. Moisés, que xa realizou unha gran progresión no seu xogo o pasado ano, cremos que este ano vai ser dalgunha maneira o da súa confirmación, dado que o vemos motivadísimo e sabemos que ten condicións para estar entre os mellores.

Os tanteos, tanto nesta categoría como nas outras dúas, bastante baixos, cousa normal nos inicios de cada temporada dado o baixo estado de forma da maioría dos xogadores, que irán collendo ritmo segúndo vaia avanzando a competición.

Liga Sub 18.- O máis destacado deste comezo nesta Liga sería a participación. Por parte da organización está claro que temos un traballo duro e un reto, que é conseguir que unha boa parte destes xoves xogadores se queden regularmente na competición, e non a abandonen.

Liga Feminina.- Comezou esta Liga como rematou o pasado ano, ousexa, coas posicións coas que finalizou a Liga pasada, primeira Carmen Roca e segunda Dolores Baño, que segundo a nosa opinión, van ser as principais favoritas ao trunfo final nesta Liga.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 16 DE OUTUBRO DE 2010.

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE    LAGO (9 OUTUBRO 2010) 49  INSCRITOS:  24   NA LIGA SENIOR,   15   NA LIGA SUB 18  E    10   NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 147 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 144 10
TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 138 8
CUARTO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 138 7
QUINTO JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 135 6
SEXTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 132 5
SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 129 4
OITAVO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 122 3
NOVENO ALEX MEITÍN SERANTES 121 2
DÉCIMO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 114 1
MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA 62 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 46 6
SEGUNDO KATIA NÍÑEZ CASARIEGO 46 4
TERCEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 40 3
CUARTO SAMUEL REY ÁLVAREZ 37 2
QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 36 1
MELLOR BOLADA KATIA NÍÑEZ CASARIEGO 28 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 69 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 65 4
TERCEIRO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 53 3
CUARTO SALOMÉ  BERMÚDEZ 48 2
QUINTO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 46 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA 49 1
Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive