20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O persoal da empresa de limpeza no hospital da Costa mobilizarase por falla de acordo no convenio

25-10-10

NOTA DE PRENSA

As traballadoras e traballadores da limpeza no Hospital da Costa de Burela anuncian mobilizacións por un novo Convenio.

As traballadoras e traballadores de limpeza no Hospital da Costa de Burela anuncian, ante a falta de acordo con SAMYL.SL, empresa adxudicataria deste servizo neste centro, na negociación dun novo Convenio Colectivo, o inmediato comezo de mobilizacións. No actual Convenio, cuxo período de vixencia rematou no 2006, recóllese a equiparación salarial co Grupo E do Sergas polo que, na actual negociación o motivo de desencontro non é o económico senón o social. O único punto que recolle a plataforma da parte social na mesa negociadora, constituída o 10 de marzo, é a equiparación da xornada ao referido grupo do Sergas. É dicir, que de asinarse o novo Convenio, esta equiparación sería total, tal e como ocorre na totalidade de centros hospitalarios do país. Non parece, pois, de recibo, que o persoal deste sector no noso hospital sufra tal discriminación en relación coas compañeiras e compañeiros que prestan os seus servizos noutros centros.

A empresa xustifica a falta de acordo na negativa do Sergas a asumir o posible aumento de custes que o novo Convenio poidera xerar. Neste senso, a delegada de persoal de limpeza reuniuse co Director do Hospital en xuño e expúxolle as demandas. Este quedou en analizar a situación e dar unha resposta pero esta, logo de 4 meses, aínda non se produciu.

Ante isto o persoal solicita que a empresa e o Sergas, non se pasen a pelota un ao outro, asuman a súa responsabilidade e contribúan á resolución do conflito. Do contrario en breve se anunciarán as mobilizacións que as traballadoras e traballadores levarán a cabo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive