18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Concello de Alfoz, Xunta e Deputación acordaron o arranxo da rede de camiños da concentración parcelaria

12-11-10

NOTA DE PRENSA

As vías de aceso e comunicación entre as distintas parroquias, presentan importantes deficiencias ao atoparse en zahorra un feito que ademais as facía moi vulnerables ás inclemencias climatolóxicas.

O ALCALDE FELICÍTASE POLO ACORDO ACADADO ENTRE XUNTA E A DEPUTACIÓN PARA O ARRANXO DA REDE DE CAMIÑOS PRINCIPAIS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA VAL DE ALFOZ

* Segundo informa Emilio Lousas ambas administracións acordaron a redacción dun convenio, que será asinado nos próximos días, polo que cada administración se compromete a levar  adiante as obras da súa competencia.

* O rexedor espera que esto sexa un paso decisivo para que “de inmediato” poia procederse á entrega das fincas de reemplazo da concentración parcelaria

Alfoz, 12 de novembro  de 2010.- O alcalde de Alfoz Emilio Lousas deu a coñecer no día de hoxe que a Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Lugo acadaron un acordo para proceder ao arranxo da rede de camiños principais da concentración parcelaria Val de Alfoz. O rexedor felicitouse por este compromiso e sinalou que ambas administracións consensuaron a redacción final dun convenio, que será asinado nos próximos días e polo que cada administración se compromete a levar adiante as obras da súa competencia.

Desde a Alcaldía veñen traballando intensamente para dar solución á problemática xurdida polo mal estado no que se atopaban estas vías de comunicación. Emilio Lousas lembrou que no proxecto de apertura das pistas da concentración parcelaria, e de común acordo coa Deputación Provincial, modificáronse as vías provinciais realizando trazados alternativos e ampliando o ancho das mesmas. Na actualidade estas estradas presentaban importantes deficiencias a ao atoparse en zahorra e, pese a todo, constituían as principais liñas de acceso entre as distintas parroquias. O seu mal estado facíaas moi vulnerables ademais antes as inclemencias climatolóxicas, mentres que agora, estas deficiencias poderán corrixirse.

PASO DECISIVO

O rexedor espera que esto sexa un paso decisivo para a entrega definitiva das fincas de reemplazo da concentración parcelaria Val de Alfoz,  de tal xeito que  poida levarse adiante de inmediato.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive