17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

PP di que rexistrará unha emenda para pedir que nos presupostos se especifique o destino dunha consignación

04-11-10

NOTA DE PRENSA

O Grupo Parlamentario Popular rexistrará unha emenda para que os 351.880 euros consignados en 2011 como “reformas diversas” especifiquen o seu destino para “a mellora e ampliación dos servizos centrais do centro hospitalario mariñán”

OS ORZAMENTOS DA XUNTA CONTEMPLARÁN EXPRESAMENTE A AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS CENTRAIS DO HOSPITAL DA COSTA

* Os populares esperan que deste xeito se disipen todas as dúbidas que interesadamente están a sementar PSOE e BNG sobre esta cuestión e, no día de onte, tamén o alcalde de Burela.

* As obras previstas para o 2011, segundo explicou o deputado popular Jose Manuel Balseiro, serán a ampliación dos servizos centrais e o laboratorio, remodelación e ampliación de urxencias, melloras estruturais no servizo de radioloxía e  no servizo de admisión.

* As contas autonómicas inclúen tamén 175.000 euros para melloras en equipamentos e aparataxe de diagnose, e 361.836 euros para outras melloras tecnolóxicas a través da empresa pública Galaria.

A Mariña, 11 de novembro de 2010.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2011 contemplarán expresamente o inicio das obras de ampliación dos servizos centrais do Hospital da Costa. Así o deu a coñecer no día de hoxe o deputado Jose Manuel Balseiro quen explicou que o Grupo Parlamentario Popular rexistrará unha emenda aclaratoria ás contas autonómicas para que os 351.880 euros que hoxe aparecen consignados como “reformas varias” especifiquen agora a que están destinados, isto é, “á mellora e ampliación dos servizos centrais do centro hospitalario mariñán”

O deputado popular mantén, como xa dixeron nas pasadas semanas, que coas obras previstas para o 2011 dá inicio a ampliación do Hospital da Costa. Máis en concreto a Consellería de Sanidade comezará pola ampliación dos servizos centrais e o laboratorio, procederá á remodelación e ampliación de urxencias e executará melloras estruturais no servizo de radioloxía e  no servizo de admisión. Deste xeito espera se disipen todas as dúbidas que interesadamente están a sementar PSOE e BNG sobre esta cuestión e, no día de onte, tamén o alcalde de Burela.

RESOLVER DÚBIDAS INTERESADAS

Non é a primeira vez que desde as antigas forzas do bipartito cuestionan o compromiso do Goberno que preside Feijoó co hospital. Primeiro acusaron falsamente á Xunta de ter intención de desmantelalo, cando o certo é que gañaba en máis competencias e servizos. Despois o propio Alfredo Llano indicou que desaparecería o servizo de atención psiquiátrica nos xeriátricos, feito desmentido  tamén de xeito oficial e polos populares. E agora parece facer o mesmo respecto das obras de ampliación, “cando o certo é que durante a pasada lexislatura non fixeron nada, salvo a marquesina no aparcadoiro da resonancia  móbil. PSOE e BNG foron incapaces de executar os cartos que consignaban para obras, mentres que a Xunta popular está a desenvolver a reforma da área de maternidade, a da rampla de acceso e cuberta… e compromete agora o inicio  da ampliación estrutural do hospital para 2011”

COMPROMISO ORZAMENTARIO CO HOSPITAL

Balseiro tamén indiciou que o compromiso orzamentario co Hospital da Costa mantense, a pesar dos momentos de dificultade económica, de feito explicou que o centro mariñán manexará un orzamento superior aos 37 millóns de euros aos que hai que engadir outras partidas específicas que tamén contemplan as contas autonómicas elaboradas polo Partido Popular. Estas son 175.000 euros para melloras en equipamentos e aparataxe de diagnose, e 361.836 euros máis para outras melloras tecnolóxicas a través da empresa pública Galaria.

COMPROMISO DE GOBERNO

O deputado popular agradeceu os esforzos que neste ámbito está a desenvolver a xerencia do centro, -quen ofreceu a información sobre as obras a desenvolver- e, finalmente, a modo de conclusión sinalou que a Xunta xestionada polo Partido Popular vai a levar adiante a ampliación dos servizos centrais do hospital “que outros prometeron pero que non fixeron nada. Un compromiso de Goberno, e un compromiso coa mellora dos sistema sanitario na Mariña lucense

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive