Nota de prensa
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña presentou a campaña na Mariña de sos-sanidadepublica
A presenza de moitos mariñaos e mariñás o día 21 en Compostela e necesaria e está xustificada polo constante deterioro do servizo público sanitario na comarca
Curiosamente dende a chegada de Insua á dirección do Hospital da Costa mentres o servizo público se deteriora non para de medrar a clínicas privadas
A Mariña, 4 de novembro de 2010. Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña presentaron hoxe en Viveiro a campaña da manifestación convocada por sos-sanidadepublica para o día 21 de novembro en Compostela en defensa do sistema sanitario público galego. A plataforma mariñá integrada por colectivos sociais, culturais, asociacións de doentes, sindicatos e partidos políticos forma parte de sos-sanidadepublica que aglutina a plataformas sociais de diferentes comarcas do país preocupadas polo deterioro que se está producindo na sanidade pública galega.
A Plataforma anunciou que se poñerán a disposición autobuses para acudir á manifestación de Compostela o día 21 de novembro.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou que dende a comarca sairán autobuses para acudir á manifestación convocada para o día 21 de novembro en Compostela para o que puxo a disposicón tres teléfonos de contacto para anotarse, o 982561001, o 982581861 e o 982129261, unha vez se coñezan as reservas organizaranse as rutas para facilitar a viaxe a todas as persoas que queiran acudir. Dende a plataforma aclararon “que imos garantir que ningunha persoa quede na comarca se ten interese en asistir e defender a calidade da asistencia sanitaria”.
A Plataforma insiste en que a cidadanía galega ten que poñer freo as políticas de deterioro e privatización da sanidade pública en Galiza.
Dende a Plataforma mariñá, chamaron á participación da cidadanía na manifestación xa que “non hai outro xeito de facer ver ao goberno da Xunta que este non e o camiño para garantir unha asistencia sanitaria de calidade e igualitaria que precisamos”. Dende a plataforma puxeron como exemplo das políticas regresivas en materia sanitaria tomadas pola Consellaría de Sanidade co argumento de que a crise sanitaria obriga a reducir gastos e buscar apoio no sector privado:
1.- Redución do orzamentos sanitario, especialmente en capítulos de investimento coa rebaixa do 30% do gasto e redución do gasto corrente para garantir o funcinamento do sistema.
2.- Dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión de novas infraestruturas sanitarias recorrendo á colaboración público-privada.
As consecuencias destas medidas afectaron xa dun xeito importante ao sistema como exemplo puxeron os retrasos na apertura do novo hospital de Lugo que leva xa tempo rematado, o encarecemento entre tres e cinco veces a construción do novo hospital de Pontevedra, o inicio do desmantelamento das actuais áreas sanitarias, entre outras a da Mariña e a rebaixa de investimento nos orzamentos 2011. A parálise do Plan Mellora na asistencia primaria que impide capacidade e calidade resolutiva nos centros actualmente existentes. O Peche de dos servizos de radioloxía de urxencia nos hospitais comarcais e o seu traslado a un so centro. O desvío constante de pacientes a centros privados, etc…
A situación da Mariña e insostible cun xerente do Hospital da Costa que actúa como un comisario político sen defender os intereses sanitarios da comarca.
Os membros da Plataforma cualificaron de desastrosa a situación do servizo sanitario na comarca, cun hospital da costa que lonxe de mellorar vai perdendo capacidade de resolución e servizos, que está á cabeza do país nas listas de espera e que perde servizos e facultativos mentres medran as clínicas privadas na comarca. Na mesma liña a plataforma valorou como decepcionantes os orzamentos autonómicos que reducen substancialmente o investimento para o exercizo 2011 e onde non figura nin o Plan Director nin a ampliación do hospital contradicindo compromisos electorais existentes. Igualmente, dende a plataforma, volveron reclamar á Xunta de Galiza a posta en marcha do Plan Mellora para a asistencia primaria que o PP paralizou coa súa entrada no goberno e permitiría a cobertura de 24 prazas de profesionais sanitarios nos centros de saúde da comarca. Dende a plataforma ademais cualificaron de “letal para a calidade asistencial na comarca” o novo Decreto de Organización do Sistema Sanitario Galego que “previsiblemente non se empece a aplicar nas provincias de Lugo e Ourense ate despois das próximas eleccións municipais pola presión social exercida tanto no Barco de Valdeorras como en Monforte e A Mariña”, aínda que xa deu mostras dos seus efectos na provincia da Coruña.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



