19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta elabora un plan de emerxencia exterior para a planta de alumina de Alcoa en San Cibrao

24-12-10

Nota de prensa

A XUNTA ESTÁ A ELABORAR UN PLAN DE EMERXENCIA EXTERIOR PARA ALCOA, EN CUMPRIMENTO DO NOVO DECRETO SOBRE XESTIÓN DE RESIDUOS

* Na actualidade non é preciso este plan e a empresa xa conta cun plan propio para o depósito de lodos, presentado ante a Consellería  de Industria

Santiago, 23 de decembro  de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a elaborar un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de alúmina que a empresa Alcoa ten en San Ciprián (Lugo), de tal xeito que dispoña del antes de maio de 2012, tal e como obriga o novo decreto sobre xestión de residuos.

Así o explicou hoxe no Parlamento galego o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, que recordou que na actualidade non é necesario contar con dito plan e tamén destacou que Alcoa xa conta con un plan propio elaborado pola empresa e destinado de xeito específico ao depósito de lodos, que foi presentado ante a Consellería de Economía e Industria, na delegación de Lugo.

Deste xeito, o director xeral quixo deixar claro que se está a cumprir escrupulosamente a lexislación vixente e que a seguridade está plenamente garantida co plan de emerxencias que ten Alcoa e cos plans municipais de emerxencia e coa posible activación do Platerga (Plan Territorial de Galicia), que agora se verán reforzado proximamente co plan que está a elaborar a Xunta en colaboración cos técnicos da propia empresa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive