21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alcoa incumpre as medidas de seguridade por falta de persoal, asegura a CIG

01-12-10

Nota de prensa

Alcoa incumpre as medidas de seguridade en Electrolises por falta de persoal. Unha práctica habitual na factoría é a de facer a vista gorda para que os días que hai carencia de persoal se salten as normas de seguridade na realización dos traballos.

Incúmprense procedementos coma o de adición manual de fluoruro ás cubas electrolíticas. Este é un produto altamente perigoso para a saúde e debe de repartirse entre dúas persoas. Neste caso coaciónase ao operario para que realice a tarefa en solitario. Sáltanse ademais as medidas de seguridade relativas ao uso de equipos móbiles (Carretillas elevadoras) pois como o traballo programado para dous operarios o está realizando un só non apaga a máquina nin baixa as unllas elevadoras cada vez que ten que descargar un saco de fluoruro.

Outro dos incumprimentos realizados é o de limpar soprando con aire comprimido as naves e as cubas. Este procedemento de limpeza está estritamente prohibido pois pon en suspensión no aire todos os produtos químicos derramados. Produtos a maioría deles canceríxenos. É xa un eterno compromiso da RD con máis de 15 anos de antigüidade o de solucionar o método de limpeza buscando unhas aspiradoras adecuadas. Aspiradoras das que aínda se está a espera.

O problema é grave pois incluso hai mandos que diante da carencia de persoal e da negativa dos traballadores a incumprir as normas chegan a realizar eles mesmos certos traballos poñendo en perigo a súa seguridade, a dos demais e a das propias instalacións.

Dende a CIG tense denunciado estes incumprimentos internamente na factoría sen obter resposta satisfactoria que solucione o problema. Diante destas imprudencias repetidas por parte da Dirección queremos facer denuncia pública da situación e pedirlles aos traballadores que encontra do que Alcoa inculca, cando existe carencia de persoal é cando máis se deben de extremar as medidas de prevención.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive