21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Inludes anuncia que investirá uns 800 mil euros na promoción do emprego

27-12-10

Nota de prensa
O INLUDES investirá preto de 800.000 euros na promoción

do emprego e dos sectores estratéxicos da provincia

– O Consello Reitor aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións para 2011, tres meses antes que este ano debido á situación que están a atravesar as asociacións e os Concellos ós que van destinadas

– O 3º Plan do INLUDES, será ratificado mañá polo Pleno, e resposta ás principais liñas do Orzamento do vindeiro ano: sector agrogandeiro e medio rural, impulso das novas tecnoloxías, creación de emprego e profesionalización da artesanía

– 17 Concellos e 16 asociacións beneficiaranse das axudas destinadas á promoción e exaltación de produtos autóctonos e ó desenvolvemento de actividades municipais

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentaron este luns o Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES, dotado con preto de 800.000 euros e co que o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social seguirá promocionando en 2011 o emprego e potenciando os sectores estratéxicos da provincia: agricultura, gandeiría e pesca. Gómez Besteiro subliñou que este é o terceiro Plan que aproba o INLUDES e que resposta á principais liñas do Orzamento do vindeiro ano: aposta polo sector agrogandeiro e polo medio rural; implantar a administración electrónica; creación de emprego; e a aposta polo medio ambiente e pola artesanía.

Neste senso, a Vicepresidenta Segunda indicou que “é unha iniciativa que supuxo un antes e un despois na xestión do gasto público que se facía dende o INLUDES. É un instrumento fundamental que nos permite non só colaborar, a través das aquelas subvencións nomitativas de eventos consolidados e de promoción de produtos autóctonos, senón que establece unha previsión daquelas necesidades que teñen os colectivos ás que van destinadas”.

O Consello Reitor do INLUDES adiantou 3 meses a aprobación deste instrumento de colaboración con respecto a 2010 debido á situación de dificultade económica que están a atrevesar as asociacións e os Concellos ós que van destinadas estas axudas. “Estamos anticipando todas as aprobacións de todos os instrumentos económicos da Deputación co fin de que a súa entrada en vigor se produza de forma inmediata, a principios de xaneiro”. O Plan será ratificado mañá polo Pleno, polo que a mediados do mes de xaneiro, logo de que remate o periodo de exposición pública, abrirase o prazo para a súa solicitude.

Catro liñas de actuación

O Plan ten cantro liñas de actuación:

a) Apoio ó desenvolvemento dos sectores agrícola, gandeiro e pesqueiro. Son axudas dotadas con 373.000 euros e destinadas a potenciar a creación, desenvolvemento e modernización das explotacións agrogandeiras, co obxectivo de dotar ós produtores dunha estrutura produtiva viable, asegurando a súa vez o relevo xeracional.

Dentro desta liña de actuación, contémplanse axudas para a promoción e exaltación de produtos autóctonos e para a celebración de actividades en 17 Concellos: As Nogais, Abadín, Becerrá, Castro de Rei, Cervantes, Chantada, Folgoso do Courel, Foz, Guitiriz, Lugo, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribas de Sil, Samos, Sarria e Viveiro. Neste apartado, tamén se subvencionan actucións de 16 asociacións, que pertencen ós municipios de Barreiros, Paradela, A Pastoriza, Cervo, Cospeito, Lugo, Viveiro, Ribadeo, Burela ou O Vicedo.

b) Máis de 160.000 euros destinaranse a axudas para accións que favorezan a xeración de emprego estable, “esa teima e obxectivo número un que temos na Deputación para 2011”. Neste senso, Gómez Besteiro explicou que dentro desta liña de actuación contemplánse axudas para actividades formativas que posibiliten a profesionalización e especialización dos axentes implicados no desenvolvemento do emprego.

c) Apoio ó sector artesanal para a mellora dos procedementos de traballo deste colectivo, dende a creación do seu producto ata a posta en venda. Neste senso, destinaranse 60.000 euros para as primeiras bolsas, que serán presentadas proximamente, e coas que o Centro de Artesanía e Deseño potenciará os artesáns da provincia e os deseñadores máis punteiros.

Lara Méndez subliñou que “se trata de fomentar o emprego neste sector, consolidándoo mediante a súa profesionalización. É un sector económico importante na provincia. Dende o primeiro momento, ampliamos a formación a distintas modalidades non só a cestaría como estaba centrado o CENTRAD ata que chegamos. Estas axudas permítennos da un paso máis aló, potenciando a actividade económica que xera”.

Neste senso, tamén se destinan 8.000 euros á recuperar actividades artesanais como as feiras de artesanía da Pontenova, Castroverde e de Ferreira de Pallares (Guntín).

d) Fomento e promoción do avance científico e tecnolóxico. Neste apartado inclúense axudas por valor de 68.000 euros para impulsar o tecido empresarial a través de plans experimentais en materia de I+D+I.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive