19 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A asociación veciñal Atalaia asegura que hai zonas de Ribadeo ás escuras “onde máis falta fai a luz”

20-01-11

Nota de prensa

Falta de visibilidade

Diriximos estas liñas ao Sr. Fernando Suárez Barcia, Alcalde de Ribadeo e responsable do Servizo de Iluminación Pública, home activísimo que en canto se decate da deficiencia de que imos falarlle emendaraa. Trátase de que moitas zonas de Ribadeo están ás escuras precisamente onde máis falta fai a luz, entre elas: As Entradas a Ribadeo, Casco Antigo, a chamada Vía Transversal, Pasos de peóns en Vicente Pérez Martínez (fronte á Xestoría de López Braña) e na Avenida de Galicia (fronte á Queimada). Por falta de farois non debe ser xa que en lugares como San Lázaro atopámolas duplicadas e se é por aforro enerxético pois non se trata de que as nosas rúas cegar senón en ter visibilidade para poder circular por Ribadeo de forma segura. En Atalaia estamos seguros que emendará este problema, que pode traernos consecuencias graves aos veciños, de forma inmediata. Agradecéndolle a súa colaboración

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive