25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfoz ten sen pagar dous anos do tratamento de residuos que comparte co Valadouro, asegura o PSOE

31-01-11

Nota de prensa

Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
Queremos poñer en coñecemento dos nosos veciños o
acontecido no pleno celebrado pola corporación municipal.
En reiteradas ocasións vimos denunciando o incumprimento
sistemático por parte do concello de Alfoz do pago da parte que lle
corresponde po lo tratamento de residuos que compartimos ambos
concellos no punto limpo de O Valadouro. Ante o permanente
incumprimento do pago, incluso se acordou por unanimidade do
pleno dar como ultimo prazo para saldar a débeda contraída o 31
de decembro de 2010. Xa que teñen pendente de aboar todo o ano
2009 e 2010. O Concello de Alfoz segue sin facer ningún caso e
como resposta di que non ten contemplado o pago nos seus
orzamentos, que cando aproben unos novos xa pagaran, mentres
tanto O Valadouro ten que asumir o pago de dito canon si non
queremos quedarnos sen servizo. No sabemos por que se toleran
tal actitude e constante a deixadez do equipo do goberno na
defensa dos intereses comúns. Nunca reclamamos nada, nunca se
toman as medidas axeitadas para nos, todos os convenios que
firmamos con calquera outra administración, sempre nos
prexudican. O principal inimigo dos veciños de Valadouro e o seu
goberno municipal, nunca tan poucos fixeron tanto dano a tantos;
– Parque empresarial.
– P. X. O.U.M.
– Cemiterio da Vila de Ferreira.
– Así como todos os grandes temas que afectan a maioría
dos veciños van quedar peor a final da lexislatura que
cando comezo a mesma. No e mal bagaxe para este
equipo de goberno

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive